Síguenos en redes sociales:

"Empleo e apoio ás familias serán as miñas primeiras accións de goberno"

En que se notaría que usted es el presidente de la Xunta

En que porei ás persoas no centro da acción de goberno. Iso signfica apostar por cambiar as prioridades para apostar pola creación de emprego e o reforzo dos nosos servizos públicos, a sanidade e a educación. As políticas de emprego e de apoio ás familias serán as miñas primeiras accións de goberno. Poremos en marcha un plan de emprego xuvenil, cun investimento anual de 100 millóns de euros para contratar cada ano a 10.000 mozos e mozas. Os galegos verán que se pode facer unha eficiente xestión dos recursos públicos e ao mesmo tempo contar con menos listas de espera, garantir a gratuidade dos libros de texto ou eliminar o copago farmacéutico para a maioría dos pensionistas. E todo isto dende a exemplaridade institucional poñendo a Galicia a altura das democracias máis desenvolvidas de Europa".

Pulsa para ver más contenido para ti