Música, procesións, comidas, espectáculos pirotécnicos e sentimento galego. Son os protagonistas das festas do Apóstolo, que chegan nestes días a todos os recunchos de Galicia. Santiago ten un dos programas máis amplos. Hoxe, despois da Ofrenda Nacional ao Apóstolo, son os concertos de Dub Inc e a orquestra Armonia Show. Ao longo destes días celebrarase o torneo de chave e o concurso de traxes de época. Mala Rodríguez levará o seu rap o venres a praza da Quintana. O sábado e o domingo son os días dos nenos no parque de Galeras con inchables, tobogán de auga, obradoiros e música. Os fogos artificiais de fin de festa serán o martes, pouco antes do concerto de Rosalía.

A festa non só se vive en Santiago. Ferrol, A Coruña, Vigo e a Costa da Morte únense as verbenas do Apóstolo. As orquestras París de Noia, Combo Dominicano e Panorama, as máis recoñecidas polo público, paseánse este días por O Burgo, Viveiro, Vilalba, Ares, Mos, Ordes, Betanzos, Vimianzo, Cerceda e Arteixo.

O 25 de xullo

Hoxe celébrase o Día de Galicia con verbenas e actividades. Cando o 25 de xullo coincide en domingo, celébrase o Ano Santo Compostelano. Esta circunstancia repítese en ciclos de 6, 5, 6 y 11 años. 1993, 1999, 2004 y 2010 foron Años Xubilares, e o será o 2021. Durante eses anos, a afluencia a cidade dos peregrinos chegados de todo o mundo é maior.

Unha noite cuns fogos artificiais cinematográficos

  • Os fogos de Apóstolo volveron a capital galega, cun espectáculo multimedia inesquecible. Proxeccións audiovisuais, efectos 3D, música, efectos lumínicos e moita pirotécnica. O espectáculo comezou as 23.30 horas nunha praza do Obradoiro chea de xente e con moito ambiente. Os fogos duraron media hora. A parte pirotécnica, segundo os organizadores, precisou de 6.000 efectos de disparo e 360 quilogramos de pólvora.Como se fora un cine, fíxose un percorrido narrativo que comezou co traslado dos restos do Apóstolo, o descubrimento do sepulcro no Bosque de Libredom e o florecemento das distintas rutas de peregrinación. Nas imaxes, os asistentes puideron ver a chegada das tropas de Almanzor e o incendio da igrexa prerrománica. O obxectivo, converter o Pazo de Raxoi nunha festa. A agrupación folclórica Cantigas e Agarimos encargouse da música durante todo o espectáculo.Os fogos volverán o 31 de xullo da man do Grupo Acciona dende o campus Sur. Durará 18 minutos, con 4.900 efectos de disparo e 440 quilogramos de pólvora.