Un anaco da Estrada no Festival de Cans

Jacqueline Reimúndez e Ariadna Silva, convidadas e participantes nun dos eventos máis prestixiosos do audiovisual galego

Jacqueline Reimúndez (segunda pola esquerda) co resto do equipo en Cans.   |

Jacqueline Reimúndez (segunda pola esquerda) co resto do equipo en Cans. | / // CEDIDA

Os estradenses, a onde non chegan mandan recado. Por iso non é raro atoparse a alguén deste concello de Tabeirós-Terra de Montes en calquera evento, sexa onde sexa. Nesta ocasión, o punto de encontro era o Festival de Cans, celebrado en O Porriño e que cada ano escolle ás mellore curtametraxes producidas en Galicia, dentro das súas diversas categorías.

A cita é unha das máis coñecidas do audiovisual galego e nela reúnese talento de toda a comunidade, e como non pode ser doutro xeito, tamén da Estrada. En concreto, as caras coñecidas que se podían ver no festival a pasada semana eran as de Ariadna Silva e Jacqueline Reimúndez. A primeira acudiu ao evento en calidade de directora, guionista e produtora de Toxos –nominada dentro da categoría Novas Camadas– en compañía do seu compañeiro de proxecto, Samuel Román. A segunda, que xa é veterana neste tipo de actos, participou para dar un adianto do seu novo proxecto 360 Curvas, no que traballou xunto a Alejandro Gándara e que “recolle a singular historia das loitas sociopolíticas de A Fonsagrada na década dos 90 do pasado século. Unha historia de reinvindicacións fronte ao abandono, ao illamento e á amenaza de despoboamento”, como o describen na propia páxina do Festival de Cans, dentro do apartado Fillos de Cans.

A diferencia de Toxos, que xa contou cun enorme éxito durante a súa estrea en A Estrada, con varias proxeccións nos Minicines Central nas que se encheron as salas, 360 Curvas aínda se atopa en proceso de montaxe, polo que o espectador terá que agardar un chisco máis ata descubrir a nova aventura audiovisual de Ariadna Silva.

Tanto Silva con Reimúndez tiveron a oportunidade de compartir co público asistente a súa experiencia á fronte destes traballos, porén elas non eran as únicas que estaban citadas para o encontro en O Porriño. O documental Acordamos, co dirixido por Lucas Terceiro e.Uxía Senlle non figuraba na seleeción oficial, senón que a súa proxección formaba parte dos actos inaugurais do festival, e agardábase a intervención de ambos, se ben o estradense finalmente non puido estar presente.

Jacuqeline Reimúndez, que se estreaba como directora na cita, explicou:”Nós mandamos a curta a Cans cando saíu o prazo, e fai menos dun mes mandáronnos un correo coa nominación, todo o equipo estaba moi ilusionado coa noticia porque é un festival moi recoñecido e esta a primeira vez xa non que participabamos, senón que íamos pero tamén a primeira vez qu íamos. Despois do coloquio fomos ás proxeccións e había moitísimo nivel, estar nominados xunto a eses proxectos foi unha honra, aínda que non gañásemos”.

Pola súa banda, Ariadna Silva, que xa era a terceira vez que asistía á convocatoria, protagonizou xunto con Manuel Lucas, director de fotografía, un coloquio sobre a longametraxe.

Ariadna Silva (centro) nun coloquio xunto a Manuel Lucas (esquerda).   | //CEDIDA

Ariadna Silva (centro) nun coloquio xunto a Manuel Lucas (esquerda). / //CEDIDA

Suscríbete para seguir leyendo