Berres proxecta un documental sobre o oficio dos torneiros

A torneira Isabel Neira participará no coloquio posterior á proxección.

A torneira Isabel Neira participará no coloquio posterior á proxección. / Bernabé/Javier Lalín

Redacción

O teleclub da parroquia estradense de Berres convértese este sábado 25 de maio ás 20.00 horas nunha sala de cine, para acoller a proxección do documental "Os torneiros de Berres", un traballo etnográfico onde se afonda sobre esta práctica no termo rural anteriormente mencionado. Ademais da visualización do filme, tamén haberá un coloquio posterior no que participará Isabel Neira, así como unha entrega de agasallos a Manuel Ferradáns, Xesús Pereiras e Xosé Ruibal. A actividade conta coa colaboración do Museo do Pobo Galego e a Coral Polifónica de Berres, e está organizado por O Recuncho da Lingua, Asosac.