A Algarabía de Lalín celebrará os seus 40 anos con música alternativa e actividades infantís
Será do 30 de agosto ao 1 de setembro, cun programa que aínda está por pechar

Presentación do avance do programa, onte, na taberna Alola de Lalín. / Bernabé

É unha das manifestacións culturais más veteranas das bisbarras. A Algarabía de Lalín cumpre corenta anos, cando un grupo de mozos da vila se xuntaron para preparar a festa de aniversario do polifacético Damián Paío. Nas mans do coletivo O Naranxo, o espírito deste evento mantense coa música, as artes plásticas e as actividades infantís como os seus eixos esenciais.
“Corenta anos despois seguimos tentando ser, na maior medida posible, autosubvencionados, aínda qua hoxe sexa case imposible”, indicaron representantes do Naranxo na presentación celebrada onte na taberna Alola da localidade dezá. Co programa aínda por pechar, a Algarabía será os días 30, 31 de agosto e 1 de setembro coa praza do aviador Loriga como principal espazo das actividades.
A festa arrancará o sábado 31 de agosto con concertos diante da estatua de Loriga, porén polo de agora os grupos que se subirán ao escenario aínda non están confirmados. A organización pretende empregar as redes sociais para ir avanzando as actuacións, tendo en conta que aínda hai tempo para pechar o cartel definitivo. O sábado será o xa tradicional cambio de placa da Praza das Pipas [actualmente Praza da Torre e anos atrás Praza Calvo Sotelo] e o pregón. Logo haberá xogos e competicións entre representantes de coletivos culturais, sociais e artísticos da localidade e a posterior sesión vermú, na que non faltará a música. O pícnic na praza de Loriga deixará paso para os xogos interxeacionais que, á súa vez, darán paso aos concertos nocturnos.
O último día, o domingo 1 de setembro, a programación comezará pola mañá coa tradicional Volta ao Empalme para vehículos non contaminantes. Os participantes poderán ir en bicicleta ou a pé, pero en todo caso nunca en máquinas que empreguen combustibles contaminantes. Despois haberá unha sesión vermú e, pola tarde, diversos xogos. Os tartazos, o campionato mundial de pelota no aire ou un concerto infantil serán as principais propostas dunga celebración na que a irreverencia tamén é un factor indispensable.
Exposicións
Noutra orde de cousas, durante o mes de agosto está previsto crear un espazo para que os artistas poidan mostrar as súas creacións coa Coletiva Algarabía, que debería ser no Museo Municipal Ramón María Aller. Tamén se levarán exposicións a varios establecementos comerciais colaboradores. Como aconteceu o ano pasado, haberá una Pre Algarabía; unha cea sobre a que se darán detalles máis adiante. O Naranxo pide a colaboración dos negocios que así o teñan a ben e, para finaciar a cita, venderán camisetas coa imaxe deste ano, chapas feitas en madeira ou rifas.
- Las cofradías retiran lotes de almeja de las lonjas por la caída de precios
- El transporte escolar en Galicia, bajo vigilancia especial desde este lunes
- Hallado el cuerpo sin vida de un hombre en la antigua nave de Pescanova de Vigo
- Condenado un supermercado de Pontevedra por vaciar la taquilla de una trabajadora mientras estaba de baja
- El Plan del Ensanche contempla en Policarpo Sanz y García Barbón su semipeatonalización
- Ana Peleteiro se defiende de las críticas por su nueva casa
- La tragedia vuelve a golpear al Vigo más vulnerable
- Stellantis acelera en África con el montaje en Túnez de furgonetas K9 viguesas