Unha xornada con trece letras

Colexios celebran a véspera do 17 de maio e concellos programan actos para hoxe

Taller de radio no CEIP de 
Prado, con Gúmer Portas.

Taller de radio no CEIP de Prado, con Gúmer Portas. / alfonso loño

A figura de Luísa Villalta estivo moi presente no día de onte nos centros educativos das bisbarras de Deza e Tabeirós-Montes. Festivais, espectáculos de teatro, recitais, música ou literatura foron protagonistas na previa do Día das Letras Galegas que hoxe se conmemorará con actos nos concellos da zona.

Espectáculo colexio de Dozón e nenos do nenos do CEIP de Forcarei na residencia.

Espectáculo colexio de Dozón e nenos do nenos do CEIP de Forcarei na residencia. / alfonso loño

No CEIP Xoaquín Loriga de Prado (Lalín) a cativada aproveitou o seu taller de radio para preparar un espazo adicado a protagonista do Día das Letras Galegas. Nerea, Noa, Luís, Yair, Nerea, Uxía, Hugo, Elián, David, Pablo e Cibrán interviron nun programa que contou en tarefas de coordenación coa presenza do xornalista radiofónico lalinense Gúmer Portas. No centro tamén houbo un recital poético arredor de Villalta, no que tomaron parte alumnos e profesores, un espectáculo de maxia e a xornada rematou con todos cantando o tema de Guadia Galego Chea de vida.

Una xornada con trece letras

Una xornada con trece letras / alfonso loño

En Forcarei, estudantes do CEIP Virxe das Dores achegáronse ata a residencia para participar nunha xornada de convivencia. Leron fragmentos da obra de Luísa Villalta e obradoiros de chapas e marcapáxinas. Cunha supermerenda e coa interpretación da canción Queremos Galego rematou a xornada.

No CEIP Pío Cabanillas de Dozón o Concello organizou unha sesión de contacontos con Trémola teatro e un obradoiro de chapas.

Na Estrada, hoxe, haberá ofrenda floral aos irmáns Valladares (12.00 horas) nos xardíns municipais e o posterior pregón a cargo da xornalista de FARO Ana Cela Neira. Pola tarde haberá teatro. No programa oficial de Lalín figura un pasarrúas de O Carballo da Manteiga (18.30). En Silleda (13.00 horas na casa do concello) entréganse os premios do certame Presume de Lingua, e ás 17.00 horas no mosteiro de Carboieiro haberá un recital de corais.