Cerdedo-Cotobade, capital do fútbol sala de benxamíns

Redacción

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, o presidente do Clube Escolas Deportivas de Cotobade, Óscar Pintos, e membros do comité organizador presentaron o I Campus Fútbol Sala Cerdedo-Cotobade en categorías prebenxamín, benxamín e alevín que terá lugar o mércores 1 de maio no pavillón municipal de deportes de Tenorio e que contará coa participación do A.D.S.F. Bueu, o C.E.D. Cotobade, o Moraña C.F., o Clube Deportivo La Peña e o Salnés Futsal.Esta actividade pretende achegar unha iniciativa deportiva e formativa especialmente destinada aos nenos e nenas da contorna.