Couso acolle este sábado unha foliada na honra das mulleres

REDACCIÓN

A asociación cultural A Xesteira organiza este sábado 16 de marzo a Foliada das Mulleres, na parroquia estradense de Couso cun programa cargado de atividades para toda a xornada. En concreto, os actos comezan ás 17.30 horas, cun roteiro interpretativo por Couso. A esta seguiráo a proxeción ás 20.00 horas do documental “ A palabra xusta”, dunha hora e dez minutos de duración, que poderá visualizarse no centro social do campo da festa. Por último, chegará a música cunha foliada que dará o pistoletazo de saída ás 22.00 horas e na que contarán coas agrupaciones Pande Couso, A. C. Mestre Manuel Gacio, Pandereteiras de Trazo y Silvaredonda. Asimismo, también contarán con Noelia A Ferreira para realizar arte en vivo.