A cómica Marta Doviro presenta no Recreo Cultural “Memorias dunha rapasa da costa”

A función enmárcase dentro da programación “Marzo con M de Muller”

Doviro nunha atuación.  | // R. GROBAS

Doviro nunha atuación. | // R. GROBAS / REDACCIÓN

REDACCIÓN

O Recreo Cultural da Estrada segue ofrecendo aos veciños e veciñas do concello alternativas de lecer para o fin cun nexo común– a muller– para este mes de marzo. En concreto, este sábado 16 son dous os eventos programados para a xornada. O primeiro terá lugar ás 12.30 horas e trátase da presentación literaria da obra “A tía papucha”, escrita por Reyes Pérez Rubio, un relato destinado ao público infantil no que se narra as aventuras desta superdetective e a súa man dereita, a mascota Micifú.

Para un público entre mozo e adulto tampouco faltarán opcións, xa que a actriz e monologuista Mara Doviro visitará as instalacións para representar o seu espectáculo de comedia “Memorias dunha rapasa dá costa” ás 22.00 horas, nunha cita que promete arrincar varias gargalladas.