Iria Aldegunde presenta o cómic de ‘Memorias dun neno labrego’

A presentacion do cómic onte, en Santiago.   | // XOÁN ÁLVAREZ

A presentacion do cómic onte, en Santiago. | // XOÁN ÁLVAREZ / REDACCIÓN

REDACCIÓN

A sede de Afundación en Santiago de Compostela acolleu onte a presentación do cómic Memorias dun neno labrego, inspirado na novela do mesmo nome de Xosé Neira Vilas. O cómic está ilustrado por Iria Aldegunde, que na presentación estivo acompañada polo presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo, e a secretaria do Ateneo de Santiago, Pilar Sampedro. Aldegunde traballou dous anos na adaptación á novela gráfica e tamén na revisión lingüística. Ademais deste traballo, conta no seu curriculum con colaboración en dous traballos colectivos sobre Florencio Delgado Gurriarán e Xaquín Marín.