Perruquería Marta e Silvia Montoto gañan o certame de decoración navideña

REDACCIÓN

Este venres e dentro da programación da Cabalgata de Reis, o Concello de Rodeiro entregou os diplomas aos gañadores do concurso de decoración de Nadal Rodeiro é ilusión.O certame contaba con tres categorías: familias/particulares; comercios e establecementos e, por último, espacios públicos.

Na categoría de familias e particulares a vencedora foi Silvia Montoto Espiño, coa creación ‘Un Nadal reutilizado’, mentres que en segundo lugar quedou Cristina Galbán Fungueiriño con ‘A chegada de Papá Noel’, e de terceira figura Tania Taboada Calviño con ‘A casa dos agasallos’.

En comercios, a mellor decoración foi a de Perruquería Marta, bautizada como ‘A ilusión, o maior regalo’. O segundo posto recaeu no Taller Jeyma por ‘Un Nadal sobre rodas’ e o terceiro é para Agrocamba, con ‘O Nadal do rural’.

Na categoría individual participaron seis creacións, e na de comercios, sete. Os dous da categoría de espazos públicos repartíronse así os premios: o primeiro, para a Asociación O Falar das Pedras, por ‘O falar do Nadal’ e o segundo para a ANPA Xulio Lois, por ‘Bonecos de Nadal’.