Entrega dos premios San Martiño no Principal

¿Qué facer nas comarcas? | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

¿Qué facer nas comarcas? | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

O Teatro Principal da Estrada acolleu onte pola tarde a entrega da trixésimo segunda edición dos Premios San Martiño de normalización lingüística, promovidos polo Concello. Na entrega estiveron presentes Antonio Sanmartín Chao, propietario da Pastelería Mimela, Esther Estevez, presentadora do programa Dígocho Eu, e Xaquín Espiño, artesán de gaitas e dono do obradoiro de gaitas García de Riobó, en representación das agrupacións premiadas este ano. Deste xeito, o Concello da Estrada recoñeceu co premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós- Terra de Montes á Pastelería Mimela. O espazo da TVG Dígocho Eu, presentado pola verinense Esther Estévez, recibiu o galardón á normalización no ámbito galego. Finalmente, o premio á normalización a toda unha vida recoñeceu a enorme traxectoria do obradoiro de gaitas García de Riobó.