Quince fogares de Prado, en San Miguel de Castro, quedan sen luz e electrodomésticos

As perdas van de 7.000 a 20.000 euros por unha avería que dobrou a voltaxe recomendada

REDACCIÓN

Os veciños do lugar de Prado, na parroquia estradense de San Miguel de Castro, levan dende o pasado xoves sen luz pública nin electrodomésticos despois de que unha avería da compañía eléctrica doble a voltaxe de 220 vatios, que é o adecuado, a 480. Isto acontecía en torno ás 19.35 horas e ata o sábado de madrugada non voltaron a ter suministro. O número de fogares afectados rondarían os 15, con perdas que van dende os 7.000 aos 20.000 euros, pois deixaron de funcionar electromésticos, portais, sistemas de calefación e quentadores de auga eléctricos.

Por se isto fose pouco, onte ás 14.00 horas a avería volveuse repetir, nesta ocasión con menor incidencia, pasando de 220 vatias a 280 e afectando só ás casas ubicadas preto do transformador.

A frustación dos veciños e veciñas só vai en aumento ao vivir en condicións precarias, sen poder quentar a auga, cociñar e mesmo conservar os alimentos, e sen coñecer cando serán compensados pola compañía causante das perdas. Porén, agardan a visita do perito da aseguradora entre hoxe e mañá para avaliar os danos. Asimesmo, tamén lamentan que o Concello non visitase o lugar ata o de agora e que continúen sen ningún tipo de luz pública despois de catro días, dado que o alumeado público tamén se viu afectado polo aomento de voltaxe. Dende Prado, piden á administración que poña solución a este problema e agardan con impaciencia que a entidade eléctrica actúe o antes posible para recuperar a normalidade.