Alba Cid protagoniza un encontro literario hoxe na Fundación Neira Vilas

A poeta e profesora Alba Cid protagoniza hoxe ás 19 horas un novo Encontro Literario en Gres, na Fundación Xosé Neira Vilas. Compartirá co público a súa experiencia na escrita, os seus métodos de traballo ou a pegada da obra de Neira Vilas na súa produción literaria, merecedora dunha decea de premios. Destaca o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2020 polo seu poemario Atlas. Conducirá a tamén escritora e editora Alba Rozas Arceo.