Agolada, con A de artesanía

Os Pendellos acollen durante a fin de semana preto de 30 artesáns | Vellos e novos comparten saberes e novos xeitos de traballar o latón, o vimbio ou as xoias

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

Ana Freiría acode por primeira vez á Mostra de Artesanía de Agolada, e trae con ela un dos colgantes que, feito a base de latón, presentou o pasado mes de marzo na Mostra de Camariñas. A peza lucía sobre un maniquí que a máis dun visitante lle arrincou un espontáneo “¡oh, qué beleza!”.

As súas creación ocupan un dos Pendellos que esta fin de semana enchen Agolada de vida coa Mostra de Artesanía, unha iniciativa que cumple 26 anos e que sirve, tamén, para que os vellos artesáns compartan sabiduría cos novos, mentres estes lles ensinan novas maneiras de crear. Por iso, mentres viamos cómo se poden facer percheiros con madeira de carballo, e tamén crebanoces de madeira, co selo de Santiago Mourelos, ou como se tecen paneiras e outros enseres de vimbio, moi preto Ángel Ayude dobraba camisetas estampadas con imaxes moi coñecidas polos agoladeses, como a Ponte dos Cabalos, na Casa Museo, onde colgou unha exposición de pintura.

A Mostra de Artesanía xa se converteu nun rebumbio de xente prácticamente desde a súa apertura, ás 11.00 horas. E isto debíase porque coincidiu en día 12, feira mensual na vila. Xa non quedan, dende hai décadas, aquelas imaxes de tratantes de gando tentando mercar becerros da famosa feira de Agolada, pero os case 20 postos ambulantes colocados no entorno da Praza do Concello eran un moi bo prólogo ao que agardaba aos visitantes nos Pendellos-comedor, na Capela das Virtudes, na Casa das Neves... No mesmo espazo, unha onte podía mercar tanto unha fouce como unha bata destas de casa de cadros de toda a vida, ou un singular reloxo colocado sobre unha tella previamente decorada con mimo e moi bo pulso.

E da mesma maneira que podíamos contemplar distintos oficios, tamén oimos acentos diferentes, pois en agosto adoitan vir pasar as vacacions numerossas familias emigradas a outros puntos, sobre todo Bilbao e Suíza.

Festival de bandas

A Mostra tivo ademais actuacións musicais, como a de Bico da Balouta ou, xa pasadas as 20.30 horas, a de Lucía Pérez, na Praza do Concello. Aínda que non figuraba no programa, como outros anos a Mostra de Artesanía contou ademais co Festival de Bandas de Música de Agolada Marcos Areán. Ademais da formación anfitriona, ofreceu un concerto no patio do CEIP a Societat Musical Lira Relleuense, de Alicante. A primera foi dirixida Adrián Pazos, e a segunda por Adrián Pazos. A formación agoladesa devolverálle a visita nas vindeiras semanas á banda alicantina.