Luis Calvo Miguélez | Alcalde electo de Agolada

“Gostaríanos falar de proxectos coa oposición, pero os populares pensan que somos inferiores”

“Queremos reubicar o centro médico xunto á igrexa, para que dispoña de máis espazos de aparcamento”

Luis Calvo, nun dos Pendellos de Agolada, quecedidos pola Deputación opasado mes de setembro.

Luis Calvo, nun dos Pendellos de Agolada, quecedidos pola Deputación opasado mes de setembro. / salomé soutelo

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

Luis Calvo Miguélez mantén a Alcaldía de Agolada con maioría absoluta, ainda que neste segundo mandato perde un edil e gobernará con seis. A formación que lidera, Partido Anticorrupción y Justicia, quedou a unha decea de votos do sétimo escano.

–¿A qué atribúe a perda dese sétimo concelleiro?

–Nestas eleccións había cinco partidos, en lugar dos tres de fai catro anos, e puido estar aí a diferenza de votos. Non creo que influise a marcha de Hilario García do noso partido, senón o regreso da candidatura do BNG. Pero estamos máis que satisfeitos cos resultados. Non vou criticar a forma que tivo o PP de facer campaña, ainda que non me gostase. Nós xogamos limpio, baseando a campaña no traballo realizado e non con falsas promesas. Nos mítines nunca critiquei ós outros partidos. A xente segue crendo en nós, porque a verdade é que nos esforzamos no anterior mandato: mercamos de todo xa que aquí non había nada, como un camión grúa, unha varredora automática, un cortacéspede grande e ferramenta diversa para facerlle os servizos á maquinaria e aos coches. Non queremos depender das empresas.

–No anterior mandato a crispación foi case unha constante nos plenos. ¿Que lle ofrece vostede á oposición, agora que as forzas están máis equilibradas, ainda que PAyJ segue gobernando en maioría?

–Gostaríanos poder falar de proxectos coa oposición, o que pasa é que eles (o PP) nunca se ceñiron a aceptar porque entendemos que eles pensan que somos inferiores, pero a veciñanza decidiu que non era así. Nós agora seguimos estando abertos a falar cos concelleiros populares, sabendo que nas redes sociales se verqueron insultos contra nós e a pesar de que a débeda está pagada e os traballos realizados están aí. Quero recalcar que Agolada é libre, a xente vota libremente e non se poden verquer insultos contra os votantes do PAyJ.

–Vostede ten abertos varios procesos xudiciais. ¿Implican que teña que renunciar ao cargo e que Margarita Varela,a número 3 e fichaxe estrela, pase a ser alcaldesa?

–Para nada, eu como alcalde tomei no seu momento unha decisión co meu equipo respecto a Lácteos Farelo e a un verquido sen licenza municipal. Convoquei á empresa a unha reunión tres veces, e seguían traballando. Eu non podo permitir que un xuiz me inhabilite por permitir que se fagan obras ilegais co meu consentimento, porque estaría prevaricando. Eu o que fixen foi parar a actividade ata que a firma executou o proxecto e a depuradora, e despois concedeuselle permiso. Durmo tranquilo, porque o meu único interese é que se fagan as cousas ben. Sobre a débeda a proveedores da que fala o PP, quero que me diga ónde está esa débeda. Hai facturas para pagar, que van ir a pleno tan axiña quede conformada a corporación.

–¿Podemos dicir que no anterior mandato a prioridade foi poñer a punto as pistas?

–Hai catro anos entramos neste concello para traballar, e así o demostramos ó tocar todas as aldeas, aglomerando en quente. Daquelas atopamos todo moi mal. Tiñamos tamén esa débeda cos bancos, que se rematou de pagar en xuño do ano pasado. Agora temos grandes proxectos como as aceras, a piscina, ou o aglomerado en quente das vías principais dende A Baíña a Brocos ou en Aldea do Monte.

–¿Por que non se acometeu a auditoría, coa que vostede se comprometeu ante notario en 2019? ¿Pode realizarse neste mandato que acaba de comezar?

–A auditoría pode facerse sempre, o que non podemos é tirar co diñeiro, porque está todo prescrito. Unha vez que prescriben as cousas, non tén sentido remexer nelas.

–¿Qué proxectos ten PAyJ para estes catro anos?

–Imos facer a piscina con ximnasio, un proxecto que xa está na Deputación. Tamén nos acollemos ao Plan Ágora para renovar todo o casco urbano de Agolada, con espazos verdes e con aceras dignas, onde a xente non tropeza nin caia. Esta proposta obtivo un premio na Deputación. Sobre a biblioteca, que leva anos pechada, tiven unha reunión co conselleiro de Educación, pero non me aceptaron o proxecto. Tentaremos sacar unha subvención para poder reabrila, xa que é unha necesidade para a veciñanza. Ademais, queremos reubicar o centro de saúde xunto á igrexa, para que dispoña de máis espazos de aparcamento. O novo centro de saúde será de pranta baixa, con espazos amplos e despachos dos médicos insonorizados para que non se escoiten os diagnósticos dende fóra. O solar que quedará tras a reubicación do centro médico servirá para construir un parque destinado á xente maior.

–¿Como poden fomentar o turismo no municipio?

–Imos apostar fortemente polos Pendellos e o turismo fluvial en Brocos. Quero aproveitar para agradecerlle a Carmela Silva a cesión da Deputación ao Concello de Agolada dos 47 pendellos, valorados en 1,8 millóns de euros.

Luis Calvo, exercendo o seu dereito a voto o pasado domingo.

Luis Calvo, exercendo o seu dereito a voto o pasado domingo.

“Fixemos moito fincapé nestes catro anos en axudarlles ás familias máis desfavorecidas”

–PAyJ, como todos os gobernos que remataron este mandato, tivo que xestionar dous anos de pandemia. ¿Notouse o efecto da crise nas familias de Agolada?

–O certo é que nestes catro anos que pasaron fixemos moito fincapé en axudarlles aos veciños máis desfavorecidos, traballando en colaboración coa Asociación O Mencer, onde colabora un veciño noso,José Luis Factor, e co Banco de Alimentos de Pontevedra. Queremos que á xente de Agolada non lles falte de nada. Temos xa en marcha outras inicaitivas para fomentar a natalidade, como a axuda de 1.000 euroa para os recén nacidos.

"Temos xa desafectadas dúas vivendas dos mestres, e queremos ter máis, para facerlles un acceso e optar a axudas"

–En Agolada dispoñen de 18 vivendas de protección oficial, que levan anos xa completas. ¿Pódese aumentar o parque de vivenda dependendo, sempre, da aprobación definitiva do Plan de Urbanismo?

–O problema de Agolada é que hai moi pouca vivenda porque os donos non queren alugalas. Pero xa temos dúas antigas vivendas dos mestres desafectadas, e queremos conseguir as demais, pois a nosa idea é mercar unha finca polo lado de atrás para poder facerlles un acceso independente do colexio e así optar a axudas. Insisto en que tanto o CEIP como as vivendas dos mestres e o centro de saúde se ubicaron nunha zona embutida, sen prazas de aparcamento. Trátase, en suna, de darlle outra estética a Agolada, porque non cambiou nada desde que eu nacín.

–O Plan de Urbanismo está estancado desde hai sete anos, cando en 2016 quedou aprobado polo pleno de forma inicial. ¿Que avances pode haber?

–Temos unha axuda aprobada para a segunda fase do polígono, de 119.000 euros, para facerlle a carretera. Xa temos unha solicitude dunha empresa de camións para instalarse nel. Creo que imos acadar a aprobación definitiva do PXOM, nestes catro anos do primeiro mandato retomámolo e tivemos varias reunións en Santiago. Houbo que facer nova documentación a raíz do cambio da normativa.

Suscríbete para seguir leyendo