Lalín continúa coa campaña de recollida de plásticos

Redacción

A campaña de recollida de plásticos agrícolas en Lalín continúa onte, hoxe e mañá mércores na zona 3, na que se integran estes lugares: Lalín de Arriba; Xaxán; Goiás; Maceira; A Veiga; Sello; Fontecabalos; Erbo; Albarellos; Castro; Alemparte; Alperiz; Parada; Cadrón; Muimenta; Carballeda; Galegos; Cercio; Palio; Rodís; Cangas; Cello; Palmou; Camposancos e Val.

A veciñanza destas parroquias e lugares poden depositar os plásticos nos lugares habilitados dende onte ata mañá, cando se fará a recollida. Os materiais deben estar limpos de herba e terra, e non poderían levar cordeis. Non se recollen sacos big bags, garrafas nin rodas.