Dous raposos morren atropelados en Bendoiro

Dous raposos morren atropelados en Bendoiro | TEXTO E FOTO: DANIEL GONZÁLEZ ALÉN

Dous raposos morren atropelados en Bendoiro | TEXTO E FOTO: DANIEL GONZÁLEZ ALÉN

Que morra un raposo atropelado por un vehículo non é noticia nos tempos que corren, pero se son dous a un tempo xa pode ser cando menos curioso. Foi o que aconteceu na estrada EP-6005, que vai de Prado a Bodaño polo Corpiño, no viaduto que esta vía ten sobre a autoestrada AP-53 en termos de Vilar do Río, en Bendoiro. Unha parella de zorros adultos e ben mantidos, polo que se ve, perderon a vida, poida que de noite, cando quizais ían cara a algún galiñeiro da zona. Unha mostra máis dos numerosos sucesos que a diario teñen coma protagonista a fauna salvaxe nas nosas estradas, levando case sempre esta última as de perder. Mágoa, pero a vida é así de tráxica.