O número máis histórico da “Miscelánea”

A revista estradense presentou no MOME nova entrega, cadrando coas súas vodas de prata

Juan Andrés Fernández na presentación de onte.   | //BERNABÉ

Juan Andrés Fernández na presentación de onte. | //BERNABÉ / nerea couceiro

O MOME acolleu onte a presentación do novo número da revista anual A Estrada, miscelánea histórica e cultural. O evento, que comezaba ás 20.00 horas, estivo presentado polo seu editor, o xerente do Museo Manuel Reimóndez Portela, Juan Andrés Fernández, e o alcalde da localidade, José López Campos, e contou coa asistencia dos autores recollidos nas súas páxinas, así como de moitos dos que seguen esta publicación que busca lanzar máis luz sobre o pasado da vila e de todo o concello. Por outra banda, esta non era unha presentación usual, pois este ano cúmprense as vodas de prata desde que saíu o primeiro número.

Estes son os 15 artigos que a compoñen; unha nota do director, A cantiga do rei Afonso X o Sabio que fala de Ribadulla, de Henrique Neira Pereira, Breve xenealoxía de Virxinia e Castelao, de Luís Ferro Pego, Ampliación da alameda e praza da Constitución da Estrada, de Ramón Sanín Cortizo, A Estrada de postal, de Juan Andrés Fernández, Vida, obra e fazañas de Manuel Blanco Garea, ciclista estradense, de Fernando Cabeza; Palabras da hucha da memoria comunal, de Manuel Cabada Castro; Canteiros, quintos e mozos de cordel, Unha visión da emigración de Tabeirós e Montes entre 1741 e 1816; O deslinde do termo municipal da Estrada no século XIX, de Javier García Gónez; Tradición e ritualidade arredor do enganido nas comarcas de Deza e Tabeirós Montes, de Isabel García Fernández e Xoán Carlos García Porral, José Fernández Caramés, un emigrante estradense, de José M. Bértolo Ballesteros; Reloxos de torre no concello estradense, de Luís Ferro Pego e Manuel Puente Cabalar,; Fotografías, de Felipe Souto; Pepa a Loba, a muller que se converteu en lenda, de Laura Filloy, e por último, un índice de autores e autoras publicados elaborado por María Carbia Villar.