España aprende a coidarse desde Vila de Cruces

Alumnas do ciclo Atención a Persoas en Dependencia gañan un certamen de vídeo

As dez alumnas responsables do vídeo, xunto a un maniquí encamado.   | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

As dez alumnas responsables do vídeo, xunto a un maniquí encamado. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN / SALOMÉ SOUTELO

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

En case dous minutos de vídeo, dez alumnas do primeiro curso do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces, explican cómo poñer en práctica cinco hábitos cos que as persoas que traballan atendendo a dependentes poden evitar trastornos musculoesqueléticos.

A maxia da prevención, que é como se chama a peza audiovisual, acaba de gañar o concurso de vídeo corto para FP ¡Lidera la prevención!, que organiza o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, (INSST) en colaboración coa Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo. Foi grabado nas instalacións do propio centro por estas dez estudantes: Antía Martínez; Andrea Baño; Águeda Gestido; Paula Marino; Aroa Ouzande; Mónica Faílde; Miriam Barros; lara Cervela: Ana Castro e Noelia Silva.

Dous días de traballo

Antía Martínez participou como representante da aula nunha xornada técnica do INSST sobre Los trastornos musculoesqueléticos en jóvenes desde la mirada de sus protagonistas. Explica que foron precisos dous días para grabar o seu vídeo, no que aparecen as dez compañeiras realizando distintos traballos nas dependencias do seu instituto: trasladando a unha persoa en cadeira de rodas, dándolle de comer a oytra persoa ou movendo a un paciente encamado.

As imaxes aparecen acompañadas de cinco consellos, grabados en galego e dobrados ao castelán. Para que sexan máis fáciles de lembrar, cada consello son dous versos pareados (que riman), como “Se agachada vas traballar, os xeonllos debes flexionar”, “Se pesos vas levantar, medios mecánicos podes empregar” ou “Se traballas sentado, estarás máis descansado”. Tamén recomendan traballar acompañado dun compañeiro para mover con máis facilidade a dependentes e recibir sempre pautas formativas para traballar con formación. O vídeo remata coa frase “Cóidate para coidar mellor”, tamén en linguaxe de signos.

O vídeo, que serviu tamén para dar a coñecer o excelente material do que dispón este ciclo formativo, quere axudar a reducir esa porcentaxe de 47% de persoal que traballa no sector sociosanitario e que sofre trastornos por posturas forzadas ou sobreesforzos físicos no seu labor.

Suscríbete para seguir leyendo