Tralas mobilidades a Madeira e a Toscana, un grupo de docentes do Centro de Formación e Recursos (CFR) de Vimianzo, do colexio Labarta Pose e dos institutos do Milladoiro e Marco do Camballón viaxaron ata a illa italiana de Sardeña para coñecer as diferentes formas de improvisación oral en verso. Estas viaxes enmárcanse no Proxecto Regueifesta e teñen como meta compoñer un documentario que visibilice cál é a situación actual do repentismo. Así, como nas anteriores ocasións, os e as docentes fixeron entrevistas e gravacións a persoas de distintas idades, interpretando composicións improvisadas da gara poética ou o muteto, cantadas en variantes do sardo. Unha desas persoas foi Bernardu Zizi, de 95 anos e considerado unha lenda sarda e da improvisacion cantada a escala europea.
O proxwcto vai rematar nas próximas semanas coa mobilidade a Iparralde, no estado francés, e permitirá compartir experiencias educativas e construir redes.