guillermo lópez taboada | Catedrático máis novo da Universidade da Coruña
“Os de Lalín levamos no ADN o de que si percibes un reto podes conseguilo”
“A informática facémola persoas co obxectivo de beneficiar a outras persoas; tamén é verdade que sempre pode haber unha ovella negra nalgún ámbito determinado”

Guillermo López nunha conferencia na Manchester Metropolitan University. / Ángel graña
Fai dous anos o Concello de Lalín foi parabenizado por gañar o Premio Nacional de Informática “Ramón Llull”. Este curso, o lalinense Guillermo López Taboada convertiuse no catedrático máis novo da Universidade da Coruña.
–Curso novo vida nova...
–Debería ser máis normal que houbese catedráticos así de novos pero a carreira universitaria é longo. Isto é un proceso de estar traballando para conseguir os méritos e digamos que xa os cumplín hai un par de anos e simplemente tiven que agardar a que houbese oposición y conseguir a cátedra.
–Tivo algo que ver no ascenso o premio Ramón Llull?
–Valórase de xeito íntegra no currículum e o premio estaba sustentado nunha serie de méritos de contratación de persoal, de proxectos de I+D relevantes a nivel nacional e internacional que por así decilo beben do mesmo sustrato.
–Verémolo polas festas da súa terra natal este ano?
–Por suposto. De fin de semana pero sí que estarei en Lalín. Estas efemérides sirven para poñerse en contacto con vellos compañeiros e xente que se lembra de ti. Este ano teño noticias bonitas e interesantes que alegran tamén á xente que estudou conmigo en Lalín.
–Cal é a impronta lalinense no traballo dun doutor en Informática que traballa na Coruña?
–Eu levo a marca Lalín onde vou porque todo o mundo sabe que son lalinense. Iso por un lado e por outro penso que por parte dos persoeiros xenlleiros de Lalín levamos no ADN o de que si percibes un reto podes conseguilo. No noso caso ter tantos referentes e tan bos é algo que axuda moito na vida.
–Ata que punto a informática abrangue as nosas vidas?
–Dende o meu punto de vista como a informática facémola persoas para outras persoas é certo que a maior parte dos servizos dixitais son para cousas beneficiosas para a sociedade. Tamén é certo que sempre pode haber unha ovella negra nalgún ámbito determinado.
–Podemos estar tranquilos a nivel de protección de datos?
–Europa e a Unión Europea son garantes para os cidadáns de todo o mundo porque a Unión Europea impón unhas determinadas políticas de restriccións que obrigan a que grandes compañías americanas ao final como o mercado europeo é tan relevante e importante pois o que dan para Europa non é exclusivo para este continente.
–Pódese dicir que a UE ata en curto a América neste sector?
–Por suposto. Hai unha digamos liña pola que Europa impón unhas determinadas normativas e regulacións e iso faise universal.
–Iso vale tamén para Putin?
–Bueno, incluso a Vladimir Putin porque digamos que Putin querría controlar internet e os mecanismos de comunicación. Na guerra de Ucrania estamos vendo que estanse a utilizar dende aplicacións de mensaxería como Telegram ata outro tipo de software.
–Dá medo pensar en ata onde poderían chegar certos gobernos con estas ferramentas, non si?.
–As imaxes que estamos vendo en Ucrania sirven para monitorizar o que pode estar pasando. En Galicia estánse utilizando imaxes para descubrir onde hai castros ata agora descoñecidos. Lalín e o Deza podería beneficiarse desta utilidade pero despois tamén está a vertente de que aparezcan as matrículas e as caras difuminadas como pasa en Google Maps e semellantes.
–Que pasa cando alguén escapa destas restriccións?
–Cando pasa iso trátase de algo que está sempre acotado e controlado. Dende logo nunca será algo masivo e supoña un risco importante para a humanidade. É certo que nos fixamos máis ao millor no erro e isto sirve para ir mellorando constantemente nun eido que avanza a moita velocidade dende fai anos.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Xunta acomete el mayor movimiento de personal de su historia: 3.200 empleados públicos cambian de puesto, el 12 por ciento de toda la plantilla
- El ourensano Juan Bouzo, que cumple 104 años, sigue tomando su vaso de vino al día «porque le da fuerza»
- Stellantis Vigo inicia la producción de las primeras furgonetas K9 de tipo 'low cost'
- Toxo vuelve a necesitar ayuda: un ictus deja secuelas en el perro que hace un año acogió una familia de Moaña
- La Xunta da luz verde ambiental al desarrollo de los terrenos de GEA en Ramón Nieto para levantar hasta 950 viviendas en Vigo
- Un barco de la viguesa Opnapa recaptura un atún patudo marcado por los científicos hace casi diez años
- Más de 35.000 trabajadores del textil y del calzado convocados a una jornada de huelga para defender sus derechos
- Un festival de cometas gigantes colorea este sábado la espectacular playa de Foz do Arelho, en Portugal