Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Escravos | grupo de Neopunk estradense

“Cremos que aportamos certa rebeldía, falamos sen pelos na lingua”

“Cando creamos música somos moi caóticos É un proceso de ideas, traballo e moitas risas”

De esquerda a dereita, Eloi (baixo), Uxía (cantante), Brais (batería) e David (guitarra). | //BERNABÉ

O Neo-punk chegou ao panorama musical estradense para quedarse grazas ao nacemento no 2020 da banda Escravos, formado por David Carballo (19), Eloi Abalo (18), Brais Lueiro (19) e Uxía Silva (21). Todos eles do municipio, agás o guitarra, David, que é de Os Tilos. Compaxinan a música cos estudos, e veñen con ganas de axitar un pouco a escea.

–Como xurdiu a idea de xuntarse para facer música?

–No caso de Brais e Eloi, un amigo propúxolles xuntarse para facer música, aínda que no momento ningún soubera tocar e non tiveran a penas recursos. Foi un pouco cuestión de matar o aburrimento que supuxo a corentena no seu día. Uxía uniuse logo, nun tempo no que quedaron sen cantante, como sustituta temporal, pero terminou quedando na banda. David finalmente chegou tamén a probar, porque lle gustaba tocar. Para todos foi cuestión de pasalo ben e facer algo que nos gusta, pero en equipo.

–Cales son os seus referentes?

–A nivel local, Noxo, que nos inspirou moito de cara a comezar a escribir letras en galego, e de feito, sería un grupo co que nos gustaría colaborar no futuro, dada a amizade que nos une, e a admiración que lle profesamos. A nivel internacional, serían Blink-182 ou Nirvana.

–Ao velos xuntos chama a atención a estética variopinta. Neste senso, como vos describiríades?

–Cada un temos o noso estilo. Unha é gótica, un grunge, un máis de estética “normal”, o outro máis punk. Pero en xeral diríamos que punk, polo noso carácter.

–Que cousas novas pensades que aportades ao panorama musical da zona?

–Queremos pensar que aportamos rebeldía, nalgún sentido. Manifestamos o que nos parece mal sen pelos na lingua. Hai máis xente que fai música crítica, pero sentimos que nos diferenciamos en como no escenario nos gusta comunicarnos co público como se foran un compañeiro máis.

–Describíbanme o seu proceso de creación. Como nacen as cancións de Escravos? .

–Somos moi caóticos, a verdade. Alguén chega á sala con ideas ou compón algo no momento e entón traballamos todos xuntos en base a iso. É un proceso moi entre amigos, rindo e facendo as cousas como nos van nacendo, e xa a partir de aí retocar e perfeccionar.

–Do seu repertorio, que tema significa máis para vostedes, e por que?

–Posiblemente un de nome “Low-Class”, porque foi a primeira canción na que Uxía empezou a cantar con berros, e foi a partir de aí cando atopamos o noso verdadeiro son e todo o que nos caracteriza como banda.

Compartir el artículo

stats