O Chorón renova a súa fe en Caldereta
Medio cento de comensais acode a un festexo que enxalza a vida en comunidade

A misa de Caldereta abriu un programa que incluiu unha cea de confraternización. | // C.CARBALLUDE / SALOMÉ SOUTELO

Non é unha festa relixiosa, pero está movida pola fe. Pola fe en recuperar aquelas xuntanzas entre os veciños que colaboraban nos traballos do campo (a malla ou a recollida das patacas), ou que simplemente aproveitaban os últimos momentos do día para descansaren xuntos na solaina e falar de como fora a xornada.

A imaxe saiu en procesión polo barrio. / C. Carballude
Hoxe, poucas solainas quedan en Lalín, e as mallas hai tempo que non precisan xente, máis que nada porque apenas se sementa trigo. Pero si que seguen sendo necesarias as xuntanzas. Por iso, o barrio do Chorón bota man da lenda pagana de Caldereta para celebrar, ano tras ano, esas ganas de compartir. E xa van sete edicións.
Antonte, coa noitiña, a comitiva de ‘autoridades’ escollida o ano pasado e a raíña das festas presidiron a recepción de Caldereta (unha figura que simboliza esa vida en comunidade), así como a posterior misa e a procesión, en andas, polo barrio. Unha das organizadoras da romería, Carme Carballude, explica que a figura recolle esas ganas de vivir que recuperou a muller que, segundo a lenda, espertou baixo o chorón e bebeu o líquido que había na caldereta de leite, antes baleira.
Comida tampouco faltou na romería, nin os postres que levaron os veciños e dos que se escolleron os mellores: unha tarta de limón e rosquillas caseiras. E non había o líquido que lle devolveu á vida a muller do chorón, pero si queimada, un excelente sustituto. A música e o karaoke animaron a xuntanza ata ben entrada a madrugada.
Suscríbete para seguir leyendo
- El ave que se «come» a la velutina
- Entrar en los dobles grados de Matemáticas, Física e Ingeniería Informática, solo para alumnos sobresalientes: exige más de un 13
- Arrasado por un incendio un edificio en pleno centro de Pontevedra: «Creía que iba a explotar todo»
- La hostelería da una salida a los migrantes de Sanxenxo: «Es una satisfacción enorme ver cómo se abren camino»
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- Cuatro noches de música con Heredeiros da Crus y las orquestas Players y Los Magos en las Festas do Carme
- Vigo activa la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: horarios, límites y consejos
- Se complica el fichaje de Bryan Zaragoza