Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Carmen Seijas López | Presidenta do PP de Agolada

“Os populares somos a única alternativa para devolverlle o sentido a Agolada”

“Luis Calvo fomentou o odio entre os veciños e queremos recuperar a cordialidade”

Carmen Seijas, sentada xunto a Alfonso Rueda, no congreso do PP de Agolada, este sábado.

O pasado sábado, Carmen Seijas saiu escollida como presidenta do PP de Agolada, nun congreso ao que acudiron máis de 300 persoas. Nas eleccións de maio do ano que vén, a actual portavoz do partido será quen encabece a lista dos populares para tentar recuperar a Alcaldía perdida en 2019, tras varias mariorías absolutas.

–¿Vese con forzas para que o PP volvar ter goberno de Agolada?

–Creo que si que temos posibilidades, porque os veciños viron o que fixo Luis Calvo [o actual rexedor] nestes tres anos: non houbo obras estelares, e en dous exercicios perdéronse máis de 600.000 euros de axudas. No seu momento cometéronse erros, pero imos tentar poñerlle remedio. Si que hai unha alternativa real. Ante este novo reto, eu véxome preparada, con forzas e con moita ilusión. Imos traballar por unha meta, que é a de devolverlle a Alcaldía á veciñanza de Agolada.

–Hai que pensar que moito voto que colleitou PAyJ no 2019 foi un voto de castigo ao PP, ou de electores que antano respaldaban ao PSOE e ao Bloque, que levan anos se presentar lista.

–Eu non sei con certeza se van volver outras forzas políticas, ainda que hai rumores. Pero está claro que o PP é a alternativa, porque abonda con ver os votos de Agolada ao PP nas eleccións autonómicas ou xerais.

"Non houbo obras estelares e en dous anos perdéronse máis de 600.000 euros en axudas"

decoration

–Nesta nova etapa á fronte do PP, conta con outras 18 persoas nunha directiva organizada en áreas que abarcan, na práctica, todos os campos. ¿Hai moitas incorporacións novas?

–Si, hai incorporacións de xente que sempre foi afín ao PP pero que nunca se decantara ata agora, cando se deu conta de que somos a única alternativa para devolverlle sentido a Agolada. E eu agradézolles que se comprometan e que dean un paso adiante, porque non todo o mundo é tan xeneroso e valente. Nesta directiva estamos con moita forza somos un grupo de homes e de mulleres que imos sen medo e sen complexos.

–¿Levou traballo repartir esas 18 áreas?

–Non, non deu traballo nin conformar o equipo nin as áreas, porque levamos tres anos traballando moito e a xente ve que nos movemos polos seus intereses. Os meus compañeiros queren loitar para que Agolada volva á normalidade e sexa a Agolada de todos, porque agora mesmo hai diferencias entre os veciños, e hai ese caciquismo que precisamente Calvo criticaba. Os de Agolada somos coñecidos polas barbaridades do alcalde, cando deberiamos selo pola nosa cultura ou polos Pendellos.

–Vostede e eu coñecémonos cando asumiu a concellería de Educación, hai 15 anos. Agora que está na oposición, ¿cambiou tanto a relación entre o grupo de goberno e a oposición,en comparación cos mandatos de Ramiro Varela?

–Buf, agora é moi difícil, porque Calvo non nos permite o acceso á documentación, pese a que representamos a case 700 veciños e temos que velar polos intereses de todos, votárannos ou non. E debemos lembrar que tivo máis dun requerimento da Valedora do Pobo, ameazándo con considerar a Agolada un concello hostil se non nos permitía acceder á documentación. Non nos deixa ter unha opinión libre no pleno, e ningunha das nosas propostas se materializou nestes tres anos.

"Imos loitar polas parcelarias e por renovar o centro de saúde"

decoration

–¿Que queren mudar os populares en Agolada?

–Temos que recuperar o respeto e a cordialidade, porque houbo un fomento do odio entre os veciños por parte de Calvo. Tamén cómpre recuperar o respeto polas mulleres. E en canto a obras, o PP vai propoñer un programa electoral realista, por iso queremos contar coa opinión e as demandas de cada lugar e de cada parroquia. Imos loitar por avances nas parcelarias, polo desenvolvemento do polígono industrial, por renovar canto antes o centro de saúde e outras instalacións municipais. Tamén desexamos poñer en marcha un centro de día e avanzar no Plan de Urbanismo, pois non houbo novos trámites nestes últimos tres anos.

Compartir el artículo

stats