Fundación Baiuca Verdescente fala da súa programación para o rural

A cita coas asociacións veciñais de Silleda foi no Eco Hotel Nós

Un intre do encontro-merenda de onte no Eco Hotel Nós de Silleda.   | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Un intre do encontro-merenda de onte no Eco Hotel Nós de Silleda. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN / Ángel Graña

O Eco Hotel Nós de Silleda acolleu onte pola tarde o encontro-merenda organizado pola Fundación Baiuca Verdescente para presentar o seu novo proxecto de programación cultural dinamizador do rural. O programa Dorotea inicia así unha seguinte fase que se centrará na vinculación coas asociacións e entre as propias asociacións parroquiais do municipio, “fomentando a comunicación e colaboración entre elas, destacando a importancia destas entidades para o tecido social do municipio de Silleda”, asegura Andrea Dunia Díaz.

Na Fundación Baiuca Verdescente móstranse esperanzados en que este encontro “sirva como espazo para que xerminen as relacións e reactívese a función coa que naceron as asociacións parroquiais, que é dinamizar ou atopar espazos conxuntos nos que estar en comunidade”. Na xuntanza estieron representadas as asocicións veciñais do concello de Silleda.