El grupo municipal socialista de Lalín someterá ao próximo pleno da corporación a posta en marcha dunha liña anual de axudas para o comercio local que subvencione unha porcentaxe de todo o que invistan na elaboración de letreiros, carteis, pegatinas, merchandising, na propia documentación administrativa e nas redes sociais, sempre que estea en lingua galega. O socialistas lembran que o sector “foi e é” o máis afectado pola crise derivada do COVID-19.