O Concello de Agolada levou a cabo o acondicionamiento do núcleo do lugar de Basadroa, na parroquia de Eidián. En Basadroa de Abaixo a actuación consistiu en arranxar o pavimento do firme e o acceso ás vivendas. Ademais, tamén se colocaron tuberías de reforzo na traída da auga. En Basadroa de Arriba dotouse de parte de alcantarillado, unha depuradora e a limpeza do vial ata San Miguel de Borraxeiros.