O grupo municipal socialista de Cerdedo-Cotobade solicita que se contemple nos orzamentos do 2022 unha partida específica para axudas adicadas á adquisición de equipos informáticos para os estudantes do concello. Lina Garrido e Regina Sobral consideran “unha necesidade indispensable” facilitar o desenrolo educativo e lembran que a compra destes equipos veuse moi incrementada por mor da actual pandemia.