Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O Camiño holandés a Compostela por Agolada

Hai un par de guías escritas polo viaxeiro Bert Sitters publicadas en Ámsterdam | Describen a ruta entre Sevilla e Santiago

Unha parella de holandeses no camiño. // Ángel Utrera

Como ben din o refraneiro: Tódolos camiños levan a Roma, neste caso habería que dicir que a Santiago de Compostela.

Dende os anos oitenta do pasado século, cando a Xunta de Galicia, toma conciencia real da importancia do Xacobeo e comeza a potenciación turística do “camiño”, dun xeito oficial, sobre todo partir do Xacobeo 93, a través dos diferentes organismos e consellerías con competencias sobre o tema, tentando poñer unha certa lóxica e orde no maremagnun existente no tema dos camiños e rutas, oficias ou oficiosas, porque todo o mundo quere tallada do pastel ben apetitoso do turismo e os recursos que o camiño produce, xa que rutas e camiños evidentemente hai moitos, e todos eles rematan en Compostela se se quere.

ángel utrera

No caso que nos ocupa ademais particularmente topamos coa existencia dun par de guías escritas polo viaxeiro holandés Bert Sitters editadas e publicadas en Ámsterdam, (Holanda), cuxa terceira edición o ano 2003 e a que tivemos a sorte de manexar no noso traballo, no que narra a súa viaxe en bicicleta dende Sevilla, así como os prolegómenos da saída e preparativos dende Ámsterdam, con datos e consellos útiles para futuros aventureiros, xunto co libro de ruta publicado por Benjaminse Uitgeverij do ano 2016, baseado no anterior, unha adaptación actualizada do mesmo moi consultada nos foros ciclo turistas.

ángel utrera

Por certo que da súa existencia o primeiro que nos deu conta foi Anxo Oro Trastoy, da casa grande de Baíña, que vía pasar as veces por diante das portas da súa casa estes holandeses coas súas bicicletas e empezou a interesarse xa daquela por coñecer a razón que movía a estes peregrinos a vir por alá na súa viaxe a Compostela.

Nestas dúas guías dirixidas fundamentalmente para ciclistas, descríbese pormenorizada mente por etapas a ruta da Vía de Plata dende Sevilla a Santiago de Compostela, pasando por Estremadura; Mérida, Cáceres, Plasencia, para entrar en Salamanca, seguir cara Zamora, e entrar en Galicia por Mombuey e Puebla de Sanabria, A Gudiña, Laza, Ourense, Oseira, e aquí e onde a guía aporta unha particularidade mais que curiosa obxecto do noso artigo, xa que para estes dous autores holandeses, a ruta continuaría por Dozón, Rodeiro, Agolada, As Cruces, Santiago, e non polo oficial Camiño de Inverno de Rodeiro a Lalín, Silleda, etc. En definitiva a guía describe o Camiño Mozárabe, que enlaza coa Vía da Plata, para seguir polo Sanabrés e en lugar de enlazar co camiño de Inverno e tomar a ruta de Lalín-Compostela, dirixen os peregrinos, polo camiño vello de Oseira, Rodeiro e continuar por Agolada, e Vila de cruces.

A primeira destas dúas guías, foi publicada polo viaxeiro e escritor Holandés, Bert Sitters baixo o título “Historische Routes Europa De Zilverroute Vía da Prata”, que posteriormente ía servir de base para a que publicaría Paul Benjaminse, anos máis tarde; Zilverroute Vía da Prata ámbalas dúas editadas en Ámsterdam. Estas dúas guías describen en bicicleta os aproximadamente 1.000 quilómetros que separan Sevilla de Santiago de Compostela tomando como base a ruta da antiga calzada romana de Sevilla a Astorga, coñecido como o Camiño Mozárabe, o que seguían nas súas viaxes comerciais mouros e Cristián, para continuar logo por Zamora, Salamanca e adentarse en Galicia, pola Vía da Prata, tomando como referente o denominado Camiño Sanabrés.

A pesar da boa sinalización e o regular estado de moitas pistas e camiños, na súa primeira viaxe Bert Sitters optou por estradas asfaltades máis aptas para as bicicletas de montaña. Daquela a descrición da entrada na nosa terra, do viaxeiro holandés era deste xeito:

Después de Zamora, la ruta se desvía hacia el oeste hasta la sierra más allá de la que se encuentra Galicia. Galicia no parece española, sino Irlanda en la latitud sur. Es una zona maravillosamente hermosa, con precipitaciones medias, pero aún así tiene una atmósfera mítica especial. Cuando el sol brilla, recorre los páramos florecientes inconmensurablemente grandes. La ruta serpentea a través de las altas colinas pasando por monasterios y capillas

ángel utrera

.

Tal e como anticipabamos ao inicio deste artigo a particularidade desta guía comeza cando o viaxeiro que ven seguindo a Vía da Prata e o camiño Sanabrés, chega ás portas do impresionante Mosteiro de Oseira, xa que dende aquí a ruta oficial manda seguir por Dozón, Lalín e pola Ponte Taboada tomar a dirección de Silleda cara Santiago.

O Camiño de inverno pola súa banda, foi unha opción para os romeiros do medievo que chegaban dende Ponferrada xa no ano 968 da nosa era, tras percorrer a ruta do Camiño Francés dende Roncesvalles, e que se atopaban sobre todo no inverno diante do reto formidable de cruzar o Cebreiro afrontando innumerables perigos, co seu bordón para defenderse das alimañas, lobos e outros animais e bandidos, unha fina capa con esclavina que dificilmente os protexía das xeadas, o vento e chuvias sen mollarse, calzados con rústicos zapatos, sombreiro e pouco máis.

Nesta situación non é difícil comprender que moitos tomaran a decisión de entrar en Galiza polo suroeste, pola antiga vía romana, dende a Ponferrada medieval o único camiño que cruza as catro provincias do noso país, por certo; por Puente de Domingo Flórez, ou Valdeorrás, terras do Conde de Lemos, a Ribeira Sacra e logo de abandonar Chantada subir e baixar a serra do Faro ata Rodeiro, xa no interior de Deza.

Era aquí en Rodeiro onde o camiño do Inverno, recibía os peregrinos que viñan dende Oseira acollidos a protección do seu mosteiro, logo de ter andado o Camiño Sanabrés dende máis alá de Ourense. En Rodeiro remataban a súa andaina e se sumaban a ruta cara a Santiago, polo Camiño de Inverno que viña dende Monforte, baixando ata Lalín, cuxa chamada e atracción co tempo foise facendo cada vez máis evidente. E precisamente resulta sorprendente que neste punto os ciclistas procedentes dos Países Baixos, opten seguindo as indicacións das guías mencionadas de Bert Sitters, e Benjaminse Uitgeverij , por coller camiño cara Adelán, Ventosa, Agolada, Vila de Cruces, Pontee Ledesma e xa en Coruña, continuar por Vila de la Paz, Rodiña ata Santiago.

Revisando os traballos de Elisa Ferreira Priegue sobre os Camiños Medievais de Galicia, tentando atopar unha explicación a esta ruta de peregrinación, histórica buscando a información orixinal na que, tal vez o autor Holandés, se inspirou para o deseño do seu roteiro, atopamos que segundo a investigadora citada no medievo polas terras de Camba, Deza e Trasdeza, existiron como zonas de tránsito sen grandes núcleos de poboación, tres ou catro rutas diferentes, das que estas dúas explican a actual estrada. O Camiño Ourense-Santiago, por Ponte Taboada. Sen dúbida o que seguía o Camiño de Inverno. Camiño Cea-Santiago por Dozón. Que transitaba logo de cruzar a ponte sobre o río Arenteiro pola portela de Coiras, Pena de Francia e Dozón, seguindo a antiga calzada romana, máis tarde camiño real.

Desde aquí enlazaba co que ía ata Agolada pola ponte Pedroso (Rodeiro), ponte sen dúbida de orixe romano, no que aínda hoxe podemos ver a cunca de vieira gravada no peitoril do seu arco principal e que nos levaría ata Santa María de Ventosa e a súa formidable igrexa románica; a coñecida como catedral do rural, que agocha no seu interior esa formidable xoia de arte que son os seus baldaquinos e a tumba do abade Lope. Tampouco podemos deixar de mencionar o recinto feiral dos Pendellos de Agolada, auténtico tesouro e claro expoñente de construcións popular. Como di o mestre Manuel Caamaño Suárez, no seu estudo sobre arquitectura popular de Galiza, ao analizar os recintos feirais:

A vida dos galegos, estivo sempre moi vencellada ao agro. Alá polo remotos tempos medievais naceron as feiras e para isto creáronse espazos públicos nos que periodicamente se procedía as vendas e trueques de produtos e mercadorías dos que cultivaban os labregos da zona. Para o que se construíron os Pendellos moitos deles mantense en Agolada, tal e como foron concibidos e construídos orixinalmente: Pedra, grandes lousas de granito, madeira e tella de barro.

En definitiva sen facer doutrina dunha guía máis das moitas que circulan polos foros e editoriais do mundo poñendo en valor e describindo os diversos camiños que levan a Compostela, diante da tumba do Apóstolo, ista tan so daría explicación ao porque dende os anos noventa do pasado século, de cando en vez pasan polas nosas terras, xente de aspecto estrano, chegados dende os Países baixos, chapurreando algo de castelán, coas súas bicicletas, e mochilas, cargados e seguindo a guía daquel primeiro peregrino holandés, que veu por aquí e que deixounos escritas as súas impresións naqueles cadernos de viaxe, máis tarde transformadas nunha curiosa guía da súa viaxe dende Sevilla a Santiago de Compostela.

Sen dubida a liña oficial da Xunta de Galicia, e o Xacobeo, así como os amigos do Camiño non recoñece nin da validez a esta ruta do noso holandés, que dende Rodeiro, atravesa as nosas terras e leva óos peregrinos ata Compostela, pero velaí está para quen a queira facer, e ben merece uns pequenos indicadores e paneis explicativos para os que se aventuren polas nosas estradas buscando a compostelán, logo de facer máis de 1.000 quilómetros.

Compartir el artículo

stats