Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pé do farelo

Non é país para vellos

Non é país para vellos

Nos últimos 50 anos, este país pasou de ser a reserva espiritual de Occidente, a convivir en paz e liberdade aceptando a discrepancia politica e convivindo coma un xeito natural con temas tabús coma o aborto, parellas de feito e o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Ninguén cuestiona xa o divorcio, e os nosos fillos hai tempo deixaron de crer que os nenos os traía a cegoña, ou viñan de París, aínda que mantemos tradicións máis ou menos inocentes coma os Reis Magos, ou o ratiño Pérez. Ttempos novos, máis moitos non esquecemos a letra daquela canción do grupo Jarcha; Libertad sin Ira.. A realidade é que en estes anos, pasamos de tolear e babosear diante dun biquini daquelas primeiras suecas rubias platino que non amosaban nada pero suxerían todo o que era pecado mortal; un painoso e cinco Aves María, e a típica pregunta o cantas veces te tocaches do crego no confesionario. Os soños húmidos daquela represión que provocaba colas dos españoliños que podían cruzar fronteira para ver aquelas películas con tres rombos, gravemente perigosas, en Perpignan, que aínda ían tardar anos en poderse ver nos cines da Gran Vía madrileña, mentres fora os Guerrilleiros de Cristo Rei, salvagarda da moral cristián, e os bos costumes, a emprendían a golpes con todo os pecadores que esperábamos para comprar a entrada.

Falo doutros tempos, e para os nosos fillos, batallitas de vellos que escoitan aburridos mentres wasapean no móbil, ou colgados da pantalla dunha tablet. O normal. Pasamos de exportar man de obra barata, subproduto da fame, a miseria e o subdesenrolo, amontoados coma años, naqueles trens de fume e carbonilla, cargados coa maleta de madeira atada con cordas e o bocata de tortilla de patacas envolto en papel de xornal, cara Alemaña, Suiza, a Europa rica, ou a América tan lonxe, de onde moitos xamais regresarían.

Pasamos de ser un país de emigrantes a un país de emigrantes por falla de oportunidades e futuro desta xeración, que din é a mellor preparada da historia, e que collen a mochila, os seus soños, os títulos e marchan a buscarse a vida noutros lugares, porque aquí non hai nada que facer, salvo mirar cara outro lado xogando ao despiste, porque somos o paísde Europa con maior taxa de desemprego xuvenil, xa nin os ni-nis nin a nai que nos pariu, atopan traballo. Iso si, camareiros, e kellis de limpeza, para os turistas ricos, a barrer. E así estamos tan tranquilos, co Decreto lei chamando as portas das reformas das pensión, cunha poboación envellecida, na que somos multitude os pensionistas, xubilados, e subvencionados desta España baleirada, na que nin o rol de avó nos deixan exercer, porque non nacen nenos.

Así mentres agardo matar o tempo sentado no parque onde xa non xogan rapaces, penso sinceramente que este non é país para vellos.

Compartir el artículo

stats