Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

rubén varela calviño nnficha persoal | Investigador da Universidade de Santiago de Compostela

“A pandemia fixo que a xente se dera de conta da aplicación práctica da ciencia”

“Un galardón como o da RAGC, que ven de xente da casa, é doblemente interesante”

O bioquímico rodeirense Rubén Varela Calviño foi premiado pola Real Academia Galega das Ciencias.

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) fallou recentemente os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2021, que este ano cumpren a súa trixésimo primeira edición con trinta e un traballos presentados. O proxecto premiado na categoría de investigadores mozos menores de 30 anos foi para o traballo “Nanosistemas baseados en quitosano como plataforma de administración de vacinas fronte ao neumococo”. No equipo galardoado está o científico rodeirense Rubén Varela Calviño.

–Como xurde a necesidade dun traballo conxunto con Nantes?

–Xente como a investigadora Noemí Csaba xa tiña contacto con estos franceses para facer outro tipo de estudos. Básicamente foi continuar co traballo que eles xa empezar con outra persoa. En Nantes o que facían era digamos a parte química dese traballo e a parte con animais porque tamén se vacinaron animales. Sandra Robla foi a que continuou con ese traballlo. No meu caso, o que fixemos foi completar esa parte con traballo en persoas, con células humanas.

–Cal é o significado deste premio científico para vostede?

–Calquera recoñecemento e sempre importante porque da un pouco idea de co teu traballo ten unha visibilidade. Que esa visibilidade e ese recoñecemento veña de xente da casa, por decilo dalgunha maneira, é doblemente interesante.

–Tivo que vi unha pandemia para que por fin o seu traballo seña valorado pola sociedade?

–Teño comentado nalgún outro sitio de que efectivamente o traballo de investigación era unha especie de curiosidade que facían algunhas persoas porque lles gustaba. Realmente, con esto da pandemia, se está comprobando que todo ese traballo de investigación acaba tendo unha aplicación na sociedade. De feito, todas esas vacinas das que todo mundo está a falar como pasa co sistema inmunitario ou respostas de anticorpos, etcétera. Pois, todo iso xurde, poido ser posible e con esta rapidez, por toda a investigación que houbo por detrás. Antes non tiña ese recoñecemento. Tamén che digo que quizais non sexa só problema das distintas sociedades, senón tamén de nós, dos propios científicos que non sabemos ao mellor conectar coa sociedade, pero en todo caso tivo que vir unha pandemia para que a xente se dera de conta de que efectivamente a ciencia ten unha aplicación práctica clarísima e unha utilidade. Neste caso falamos de saúde, entón aquí a utilidade non hai que darlle máis explicación.

–Pensa que o seu traballo non se “vende” correctamente?

–O problema vai nas dúas direccións. Nós non lle demos ata o de agora importancia a esa comunicación do que se fai e dunha forma sinxela, de que a xente acabe o que se fai e cales son esas aplicacións posibles na vida normal.

–Cal é o fundamento do proxecto premiado pola RAGC ?

–Date conta de que neste caso é un patóxeno moi concreto causante de algo que todo o mundo pode coñecer, que son as meninxite. O problema dos patóxenos é que eles tamén digamos están competindo contra un sistema inmunitario. Entón, desenrolan toda unha serie de estratexias para poder ter unha vantaxe reproductiva e evolutiva. O traballó vai no sentido de empregar algún elemento dese patóxeno para poder axudar ao sistema inmunitario para que desenrole unha resposta máis rápida do que ese patóxeno poida chegar a reproducirse e cambiar. Nese sentido vai o traballo que foi premiado.

–Que poderá significar para a vida real cando se aplique?

–Pois mira, unha vacina que tiña maior amplitude de uso. Ti cando te vacinas por exemplo da polio recibes unha soa vacina porque para ese caso o que se emprega na vacina é suficiente para protexerte frente aos distintos virus da polio.

–Como van facer para recoller o premio o vindeiro mércores no Pazo de San Roque de Santiago?

–Eu non podo ir por cuestións de traballo e de axenda. En principio, irá a premiada ou a primeira autora a recoller o premio. Non sei si irá algún máis do equipo de traballo e tamén penso que dende Nantes tampouco virá nadie porque teñen problemas de axenda. Non estou seguro. E despois, no eqipo que está no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enermidades Crónicas (Cimur) tampouco sei se poderá ir algún deles. O problema que temos os profesores e que a parte de investigar temos que dar clase e por axenda é totalmente imposible. En calquera caso, vaian os que vaian ao acto o importante é que todos teñen o recoñecemento oficial da nosa academia por un traballo magnífico.

–Que vai pasar coa vacina da gripe desta tempada?

–É un caso moi distinto ao da polio. Na gripe xa non che vale a vacina que empregaches o ano pasado porque este pode vir, virá, o virus da gripe pero cambiado. De forma que esa resposta que xeraches co virus da gripe do ano pasado agora xa non che sirve e hai que volver a usar unha nova vacina. Pois a idea deste traballo que fixemos conxuntamente coa Universidade de Nantes é empregar algún elemento que poida xerar algunha resposta xeral.

–Costou moito conseguilo?

–Estamos afeitos a traballar con presión. Neumococos hai moitos pero se consegues unha vacina que xa lle chamamos universal ahí é onde está a vantaxe. Esta é a aplicación que tería o traballo premiado. Empregando unha desas proteínas que non poida cambiar o patóxeno, como o faría por exemplo o virus da gripe, e con eso xerar unha resposta que protexa ao individuo. Este proxecto, publicado en marzo de 2021 na revista “Drug Delivery and Translational Research”, desenvolve unha estratexia de vacinación fronte ao neumococo, para administración por vía nasal.

Compartir el artículo

stats