Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un insólito rodicio de cantería

É o primeiro que teño visto de pedra, pois todos os que coñezo son de ferro, madeira ou ambos materiais misturados

Detalle do rodicio de pedra.

Non podemos dicir que este é o único rodicio que hai nos ríos da Comarca de Deza ou en Galicia, feito nunha peza única de cantería, pero o que podemos dicir é que se trata dun rodicio excepcional, insólito. É o primeiro rodicio de cantería que teño visto e nunca atopei, nas publicacións que levo examinadas, nada igual. Todos os rodicios que coñezo son de tres tipos: de ferro, de madeira e de madeira e ferro.

Estamos ante un caso excepcional, pero as excepcións sempre requiren condicións e condicionantes especiais: En primeiro lugar, para labrar un rodicio de pedra de cantería requírese moita habilidade. O primeiro é atopar un bloque de pedra adecuado, que non teña roturas nin fendas (moitas veces case invisibles) e logo contar con canteiros de clase, de gran oficio.

Debuxo das partes dun muiño de río.

Por outra banda, un rodicio de pedra é moi pesado e iso, unido ao peso de toda a parte móbil do muiño, incluida a moa, será unha carga moi forte para o aguillón e a ra. En consecuencia, estas dúas pezas terán que ser de gran consistencia, porque estarán sometidas a grandes rozamentos. E, por último, rodicio e moa terán unha gran inercia, unha vez que estean en movemento, e a súa posta en marcha necesitará dunha forza motriz moi potente e constante.

Estado en que se encontra a insólita peza. A.P.

En canto aos detalles técnicos, o insólito rodicio de cantería ten 114 centímetros de diámetro do rodicio e 16 de grosor. E o peso estimado da peza completa anda entre 275 e 300 quilogramos.

[Aclaración: O descubrimento deste insólito rodicio, que moi ben podería terminar nun Centro de Interpretación dos Muiños de Río/Regueiro foime facilitada por un afecionado á nosa etnografía e só el sabe onde se localiza (dentro dos términos xeográficos da Comarca de Deza) e cando o descubriu].

Compartir el artículo

stats