Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

NA LATITUDE DO DEZA

Vertidos ao Asneiro, chegou a hora da inexorable verdade

Vertido procedente do tubo da EDAR de Botos ao río Asneiro en maio do ano pasado. Bernabé/Javier Lalín

Por moito que técnicos e autoridades queiran ocultar a realidade dos vertidos con gran cantidade de escuma ao río Asneiro, procedentes do polígono industrial de Botos, é imposible.

Non hai palabras máxicas nin exorcismos que poidan ocultar a visualización de vertidos grabados en varios vídeos e en diversos días: 1 de xuño, 3 de xullo e 8 de xullo deste ano (2021). Para máis escarnio, por se fora pouco cun só vertido de aspecto escandaloso, atopámonos con tres vertidos, os dous últimos, en tan só a marxe dunha semana. Non temos coñecemento de que isto sucedera anteriormente con esa frecuencia, pero visto o que pasou agora, podemos pensar, case sen marxe de erro, que iso ten sucedido moitas veces, múltiples veces, sen que fora de coñecemento público.

Así que, partimos do invariable suposto de que os vertidos indicados proceden do polígono industrial de Botos, pero esta afirmación categórica choca coas dúbidas, cos intereses creados e outras historias que técnicos e autoridades queren ocultar, por encima de todo. Pero, como se pode ocultar iso?

En realidade, o problema non é que os vertidos procedan do parque empresarial, senón da propia EDAR do polígono, que é a quen se quere liberar de culpas e responsabilidades. Neste caso estamos ante unha situación realmente insólita, porque os vertidos escumosos saen polo tubo emisario que vai desde a depuradora ao río Asneiro, por abaixo da tosta do Muiño do Caneiro. Entón, para salvar de culpas á estación de depuración de augas residuais, tan só hai catro posibilidades:

1. Que algunha das empresas do polígono ten unha conexión clandestina, comunicada co tubo emisario da EDAR e os seus vertidos van direitos ao río, pero as culpas derivanse a terceiros (neste caso á depuradora). Sempre é doado dicir que a EDAR non ten capacidade suficiente para depurar as augas fecais do polígono de Botos.

2. Que na depuradora hai instalados sensores que bloquean a chegada de grandes cantidades de vertido e estes derívanse direitamente ao tubo emisario.

3. Outra posibilidade é que todos sexan cómplices e cando chegan vertidos distintos dos autorizados van direitamente ao tubo emisario sen pasar pola EDAR.

4. Que á EDAR unicamente van as augas residuais das industrias instaladas e que os restantes vertidos (que non debería habelos) realízanse por conduccións distintas ata o tubo emisario. En resumo, estivéronnos a enganar durante vinte anos e nunca foron capaces de dicir a verdade.

A última das posibilidades é a que ten as maiores posibilidades de ser certa, pero, sexa como sexa, esta situación debe ser explicada e o misterio que poida haber debe ser aclarado sen ambigüidades, porque son demasiados vertidos como para mantelos por máis tempo na clandestinidade.

Así que, caia quen caia, chegou a hora da verdade, a hora da inexorable verdade

Compartir el artículo

stats