O Casino de Lalín acollerá dende o venres unha exposición fotográfica de José Manuel Fernández, máis coñecido coma “Piki”. A mostra ten unha finalidade solidaria porque o recadado pola venda das toros irá destinado á Asociación Carabelo de Lalín. A inauguración será ás 20.00 horas, e trátase dunha mostra composta por preto de trinta obras que resumen o traballo do fotógrafo da Xesta. No acto de apertura, o autor das imaxes estará acompañado de Benxamín Otero y Celso Fernández Sanmartín.

O fotógrafo explica que “nunca pensara en expoñer en público as miñas fotos porque para min é unha maneira de realización persoal e case íntima”. Cando lle propuxeron a idea non dubidou moito en decidirse, “sobre todo pola compoñente solidaria da iniciativa”. “Corazón de desvío” está composta por unhas fotografías que, parafraseando a Susan Sontag, se atestigua “a despiadada disolución do tempo”. Na mostra, a fotografía de estilo minimalista mestúrase co retrato ou a paisaxe pero sempre cunha ollada orixinal na que o detalle se sitúa no centro da obra para achegar unha perspectiva emotiva e cargada de lirismo.