A necrópole que non para de medrar
Recentes traballos de desbroce puxeron ao descuberto a que podería ser a undécima mámoa do xacemento coñecido como Outeiro Grande, logo da descuberta en 2017
Nas estribacións occidentais da Serra do Carrio localízase unha importante necrópole megalítica oficialmente coñecida como Mámoas de Outeiro Grande-Riádigos, tamén chamadas, popularmente, “das Brañas de Abonxo”, polo nome dun lugar da parroquia lalinense de Val do Carrio. Ata o de agora estaba formada por dez túmulos, pero recentes traballos de desbroce puxeron ao descuberto o que pode ser o undécimo enterramento, tal como refire o xeógrafo Antonio Presas. Por iso, solicita á Consellería de Cultura que envíe a un técnico de Patrimonio para que efectúe as investigacións que sexan precisas e se dispoñan as medidas posteriores pertinentes, incluida, por suposto, a súa catalogación, se procede.
Este xacemento foi descuberto arredor do ano 1996 e así se lle fixo saber a un técnico de Patrimonio de Pontevedra cando veu a recoñecer os cercanos petroglifos da Fonte da Anella, na parroquia de Bermés. Desde aquel entonces foron recoñecidas unhas nove mámoas, cantidade que se incrementou no ano 2017 ao ser descuberto un novo túmulo, localizado máis ao Norte. Desde esa data sabemos que a necrópole está formada por dez mámoas bastante agrupadas.
No pasado mes de marzo ou de abril, a Comunidade Veciñal de Abonxo, propietaria deste monte –parte de Outeiro Grande e a zona das Brañas de Abonxo–, realizou un desbroce para proceder á ampliación das plantacións de eucaliptos que viñan realizando en anos anteriores; como consecuencia deses traballos púxose ao descuberto unha posible nova mámoa, localizada á altura do aeroxenerador nº 2, empezando a contalos desde o que está instalado dentro do Henge de Outeiro Grande.
Esta nova mámoa ofrece bastantes dúbidas en canto á súa autenticidade e sería conveniente que, novamente, algún técnico de Patrimonio pasara pola zona para emitir un dictame ao respecto. As razóns que inducen a Presas a pensar que se trata dun túmulo, malia a súa endeble forma –non sobresae do terreo máis ca medio metro, coma outras da necrópole–, son as seguintes: “Forma circular duns 16 metros de diámetro; existencia, alomenos en aparencia, dun pequeno cráter na parte central; proximidade a un campo de mámoas (a referida necrópole, da que esta nova mámoa pasaría a formar parte); e aparición dun posible ortostato da cámara dolménica que presenta unha disposición que non coincide coa aliñación rochosa dos ortoneis do subsolo que seguen a dirección SL-NO”.
Suscríbete para seguir leyendo
- Rueda, sobre la manifestación de hoy en Vigo en defensa de la Sanidade Pública: «Van por otro lado de lo que siente la mayoría»
- Una prórroga al sistema y a Televisión Española
- Vuelve a cambiar el precio de la bombona: esto es lo que costará a partir del martes
- El Celta lleva al límite al Madrid, pero contra 12 no puede
- Última llamada de auxilio de la protectora: «Los perros no salen a pasear desde octubre»
- Una mujer divorciada recurre al Constitucional para evitar que ella y su hijo sean desahuciados
- Fallece en plena calle de un infarto en Oviedo después de que la ambulancia que iba a socorrerle se accidentase
- Iago Aspas incendia las redes con el penalti no pitado al Celta