Viaxes no tempo e na palabra

O IES Marco do Camballón organiza unha ruta arqueolóxica e difunde un documental

Víctor García, de espaldas, amosa réplicas dos obxectos atopados nas excavacións das Mámoas de Oirós.

Víctor García, de espaldas, amosa réplicas dos obxectos atopados nas excavacións das Mámoas de Oirós.

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

O IES Marco do Camballón segue dando leccións de cómo impartir clases. Onte, os estudantes de segundo de Secundaria fixo unha saida arqueolóxica, coordinados polo exalumno e arqueólogo Víctor García Piñeiro, da empresa Cado. Esta firma foi a encargada das excavacións, durante o ano pasado, do xacemento de San Paio en Merza. Durante os traballos, neste enclave atopáronse restos de tres épocas distintas: a Idade de Bronce, a Idade de Ferro e a época medieval. Aquí o alumnado puido ver os restos da fortaleza medieval do monte, case única na Península pola súa estructura. Antes, en Oirós, o arqueólogo amosoulles reproduccións dos achádegos nas Mámoas de Oirós e que están no Museo Provincial.

Esta saída arqueolóxica forma parte do proxecto Palabras de Pedra, que desde hai varios cursos traballa sobre o patrimonio local de Vila de Cruces. Está vinculado ademais con outra iniciativa, o Proxecto Somos, co que se pón en valor a identidade.

Entrevistas a persoas maiores

Hai palabras e mensaxes que quedan grabadas sobre a pedra, e outras que perdurarán en soportes audiovisuais. É o que ocorre con outro proxecto recén estrenado, A escola das avoas. Trátase dun documental que presenta o centro esta semana e que recolle entrevistas cunhas 25 persoas maiores de Vila de Cruces, onde relatan non só cómo eran o mobiliario e o material escolar dos centros educativos de antano, senón tamén cáles eran as materias a aprender segundo o xénero do alumnado e tamén, cál era o papel da lingua galega e da castelá.

A peza dura uns 25 minutos e conta ademais cun vídeo de Xosé Neira Vilas no que abordaba esas vellas escolas. Nunhas xornadas tan intensas e tamén xa no tramo final do curso, a comunidade educativa do Camballón está pendente de coñecer o fallo do premio Antón Fraguas, no que participan con outra proposta, o Proxecto Oralidade. A palabra volve ser a protagonista, xa sexa a través do idioma ou a través da regueifa, que ademais é materia optativa neste centro.

Suscríbete para seguir leyendo