Jorge Cubela López | Alcalde de Cerdedo-Cotobade

“Tiven que convencer a xente maior e con máis experiencia de que sería un bo alcalde”

Celebra a súa primeira década como rexedor, dende aquel 22 de maio de 2011 no que se converteu no mandatario local máis novo de toda España, con só 22 anos

Jorge Cubela, al estrenarse como alcalde en 2011, con solo 22 años / Gustavo Santos

Jorge Cubela, al estrenarse como alcalde en 2011, con solo 22 años / Gustavo Santos

Ana Cela

Ana Cela

Pasan xa uns minutos do mediodía e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, sae do Concello para continuar a xornada laboral dende a casa. Hoxe non lle queda outra. A conciliación está nas súas mans. Está moi ben que os mandatarios tamén saiban das súas dificultades. Aos poucos minutos da conversa a meniña dous seus ollos pide un receso. Quen manda, manda. O dirixente local está ao seu enteiro servizo, non só como un alcalde para esta pequena veciña, senón como pai. E ante iso non hai nada máis importante. Recuperamos a conversa lembrando aquel día de Santa Rita, un 22 de maio de 2011 no que comenzou o seu camiño como rexedor cotobadés. Cubela tiña só 22 anos e proclamábase naquela noite electoral como o alcalde máis novo de toda España.

“Tiven que convencer a xente maior e con máis experiencia de que sería un bo alcalde”

Jorge Cubela, en su actual y tercer mandato. / Gustavo Santos

–Dez anos xa dende aquel día. Como o lembra?

–Foi un momento moi intenso, un auténtico subidón. Un momento moi especial.

–Que foi o que animou a un rapaz de 22 anos a procurar o bastón do mando do seu Concello?

–Primeiramente, o repaldo co que contaba na dirección provincial do partido, que prácticamente me buscaron eles e me pediron que dera o paso. Despois tamén os bos comentarios que había hacia min dos exconcelleiros, compañeiros do partido e dos veciños. Despois de pensalo moito aceptei o reto. Me propuxeron os propios militantes nunha asamblea celebrada en Carballedo. Había máis de cen personas e fun o único nome que se suxeriu. Xa non houbo volta atrás.

–Sentiu vertixe nalgún intre?

–Si.

–E a súa xuventude? Pensou nalgún momento que non recibía o mesmo trato ou que o vían menos preparado por seren tan novo?

–Ese era o principal reto e o principal problema, porque tiñas que convencer a xente moito maior ca ti, con moita más experiencia na vida e experiencia profesional, de que ti podías ser un bo alcalde. O partido pensaba que eu podía contar cunhas habilidades sociais e cunha forma de entender a política que podían ser óptimas e eficaces para conseguir un bo resultado. O que se fixo foi traballar por conquerilo. E a verdade é que traballamos moito. Fixemos unha candidatura totalmente nova e eu deime a coñecer con moita presenza, reunións e moito contacto veciña

–Unha década entre aquel 22 de maio e o que acabanos de pasar. Cómo vía o papel da Alcaldía nese intre e como se ve pasados dez anos.

–A verdade é que eu viña coa ilusión e coa imperiosa necesidade de traballar polo meu concello. Agora ben, non te podes nin imaxinar o grado de responsabilidade e dedicación que hai que ter para que as cousas saian ben. A política municipal, en concellos como o noso, un concello rural, é unha universidade política. Se alguén quere pasar por unha universidade política, que sexa concelleiro ou alcalde do seu concello que é a mellor forma de aprender cómo é a xente e entender que un problema que plantexe un veciño, por minúsculo que pareza, para esa persoa é o maior problema que ten, e hai que tratalo con igualdade e eficacia para tratar de resolverllo. Home, dez anos despois eu me atopo nun momento de moita máis madurez política, cos pés no chan e diría que con máis ilusión que o primeiro día.

–Pero o sacrificio é grande.

–Si, é grande porque hoxe en día estás prácticamente presente, non só de xeito presencial, senón no móvil, con whatsapp ou no correo todo o día. A min éntranme nun día normal unha media de 120 conversacións, entre 50 e 80 chamadas e eu, que son defensor das redes sociais, as utilizo como un xeito de poñerme en contacto diario e directo cos meus veciños e iso implica unha sobrecarga e un sobreesforzo que non pasaba hai 20 anos. Iso son 24 horas, sete días á semana, 30 días ao mes os 365 días do ano. Creo que se valora o esforzo de traballo e a dedicación que lle poño a isto.

–E a maiores é deputado provincial e portavoz de grupo do PP en Pontevedra.

–Gústame, teño que dicilo. Todo isto telo que restar ao final do último ámbito posible que tes, que é o persoal e o familiar. Tratando de conciliar como se pode e cando se pode.

–Cal era o principal obxectivo daquel Jorge Cubela de 22 anos e cal é o de hoxe, con dez anos enriba?

–O meu principal obxectivo, que era o que os veciños me demandaban comparándose con concellos limítrofes, era a ansiedade por conseguir cousas para o Concello. O que se demandaba era que o alcalde fora un conseguidor. Demos un bo paso e agora sigo con esa política de conseguir obras, de manter servizos e sobre todo de asentar poboación. Eu creo que o estamos conseguido. Non podemos descansar en ningún ámbito. Non hai que deixar ningún oco baleiro, porque eses ocos os ocupan outros concellos. O que valoro é que nestes anos non me rendín con ningún proxecto. Atender ao grande, pero tamén a esas cuestións básicas que che piden os veciños.

[object Object]

–No seu segundo mandato sobe a aposta e avoga pola fusión entre Cotobade e Cerdedo. Viuno claro dende o comezo?

–No meu discurso de investidura en 2011 falei de que tiñamos que tomar contacto cos concellos limífrofes para impulsar proxectos conxuntos que nos fixeran medrar. Eu estou seguro de que nese momento non pensaba nunha fusión. Pero, despois, coa perda de ingresos, a experiencia do Consorcio Conca do Lérez, e ao ver que as administracións apoian esas fusións, viamos que a fusión non restaba nada, todo o contrario. Foi unha decisión difícil, pero despois todos os informes foron favorables.

–E de novo os veciños respaldaron a súa aposta noutra convocatoria electoral...

–Si, o resultado das eleccións foi incontestable. A xente, evidentemente, votou con total liberdade e aquí houbo un espaldarazo. Nove de 13 e o quinto porcentaxe de apoio máis alto na provincia de Pontevedra para o PO disipan calquera dúbida.

Suscríbete para seguir leyendo