Máisquedanza consegue dous galardóns no certame Vigo Porté

Acada o primeiro e o terceiro premios na categoría absoluta de Urbana

Redacción

A escola Máisquedanza conseguiu esta fin de semana dous galardóns no festival Vigo Porté, que debido á pandemia celebrouse de forma virtual. Así, no tamén coñecido como Trofeo de Baile Internacional Vigo Xacobeo 21-22 o alumnado de Máisquedanza logrou o primeiro e o terceiro premio na categoría absoluta da disciplina de Urbana. O primeiro premio levouno a coreografía W-Crew, mentres que Mulleres foi a que quedou en terceiro lugar. Ao certame vigués acudiron, de xeito virtual, máis de 700 bailaríns de todo o mundo. Durante a próxima fin de semana terán lugar dúas clases maxistrais (o venres e o sábado), mentres que o domingo está prevista a gala, tamén por internet, a partir das 19.30 horas.