Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Noemí Silva Sánchez nn | Bióloga

“Valoramos a Lagoa Sacra e as Brañas de Xestoso como arquivos medioambientais”

“Reconstruíndo a nosa paisaxe tamén reconstruímos como vivían as sociedades do pasado”

Noemí Silva, durante a charla que realizou no IES Chano Piñeiro de Forcarei.  |

Noemí Silva, durante a charla que realizou no IES Chano Piñeiro de Forcarei. |

Noemí Silva visitou o pasado venres o IES Chano Piñeiro da man da Deputación de Pontevedra para amosar aos estudantes algunhas nocións sobre un traballo no que amosa a relación entre o medio ambiente e o ser humano.

Ofreceu vostede unha conferencia que levaba por título “Reconstruíndo as paisaxes do pasado”. Cales serías as ideas principais?

O principal obxectivo de esta charla foi acercar ó alumnado do IES Chano Piñeiro de Forcarei cos métodos de estudo da reconstrución paleoambiental, unha disciplina que estuda como eran o medio ambiente no pasado. Cando pensamos no noso patrimonio soemos facelo sobre o noso patrimonio cultural material: en edificios, igrexas, construcións... pero poucas veces recordamos que o patrimonio cultural tamén inclúe o noso patrimonio natural. Non só porque a paisaxe está intimamente ligada a moitas expresións culturais senón porque na natureza atópanse importantes arquivos ambientais, entre os que se atopan as turbeiras, e que nos permiten saber como os seres humanos fixeron do seu entorno ó longo do tempo e como, á súa vez, o medio condiciona a actividade dos seres humanos. Para saber cousas das sociedades do noso pasado non podemos esquecer o papel que xogou o medio ambiente nesas sociedade. Iso podémolo facer desde dous puntos de vista. Un sería mediante condicións ambientais, vendo como inflúen nas sociedades, e á súa vez vendo como as sociedades modifican o ambiente no que viven.

Falamos de cambios drásticos?

Depende do proceso do que esteamos a falar. Mediante o reconstrucción paleoambiental podemos reconstruír procesos como os cambios no clima, no nivel de cobertura arbórea e no desenvolvemento de actividades humanas como a agricultura e a gandería, na erosión de solos ou nos niveis de paleocontaminación atmosférica por metais. Ás veces pensamos en como cambiaron os usos e costumes das sociedades pero non pensamos no cambio das paisaxes paralelo a eses cambios culturais. O que se expuxo nesta charla foron os métodos da reconstrución paleoambiental, como disciplina, para reconstruír esas paisaxes do noso pasado. Os ambientes nos que quedan depositadas as sinais de cambio ambiental son os denominados arquivos ambientais Esas sinais poden ser bióticas ou abióticas. As primeiras serían os graos de pole, as esporas, os carbóns, os fitolitos... Entre as segundas destacan as variacións da composición elemental de elementos litoxénicos ou metálicos, a composición molecular da materia orgánica ou determinadas propiedades físicas dos arquivos ambientais.

Cal sería un exemplo práctico?

Por exemplo, isto permítenos saber que dende a aparición da agricultura e a gandería o ser humano leva limitando a expansión do bosque mediante a tala e a queima. Tamén, por poñer outro exemplo sabemos que , aínda que a xente pensa que a contaminación por metais se inicia a partir da revolución industrial, en realidade xa comezou, aínda que con menor intensidade, na idade do Bronce asociada ás primeiras culturas dos metais. Na época dos romanos e na idade media intensificouse de maneira xeral esa contaminación en todas Europa. Neste sentido o Periodo Romano é un momento de grandes cambios ambientais en Galicia: fortes deforestacións, intensas actividades mineiras, etc. Todo esto cun telón de fondo de temperaturas máis altas que as actuais, o que se coñece como periodo cálido romano, que favoreceron por exemplo a expansión das oliveiras en Galicia ou a presenza de explotacións salineiras, que requiren temperaturas cálidas para a concentración do sal, na ría de Vigo. Son cousas das que ao mellor non somos moi conscientes pero que coñecemos a través do análise de condicións medioambientais e utilizando arquivos como as turbeiras ou como o estudio dos grans de polen e esporas fósiles en contextos arqueolóxicos.

Todo a partir dunha “lasaña de musgos”

–En que consiste o traballo coas turbeiras?

–Bueno, eu ó que me adico é á reconstrución paleoambiental empregando rexistros de turba. As turbeiras son ecosistemas húmidos que medran pola creación de capas de musgos, e outras plantas, que se van desenvolvendo unhas sobre outras. Son ambientes encharcados no que a descomposición da materia orgánica está limitada, de xeito que se acumula formando depósitos de miles de anos. Así vaise formando como “una lasaña de musgos” na que as capas máis baixas son as máis antigas e as capas superiores son as máis recentes. Aí quedan depositadas sinais de cambio ambiental, tango xeoquímicas como bióticas. Os musgos captan metais liberados en actividades minerometalúrxicas, polvo atmosférico produto da erosión ou do transporte de longa distancia de tormentas, etc. Tamén captan grans de pole ou partículas como os carbóns. Cando nós tomamos unha testemuña nunha turbeira, utilizando sondas, podemos estudiar diacrónicamente os cambios en estas propiedades e así investigar acerca das paisaxes e das actividades humanas do pasado afondando na relación entre o ser humano e o seu medio ambiente. En definitiva, reconstruíndo a nosa paisaxe tamén reconstruímos como vivían as sociedades do pasado e todo a partir dunha “lasaña de musgos”.

–Despois da charla tocou visitar algunhas das zonas con turbeiras máis coñecidas das comarca. Como foi ese paseo?

–Fomos a valorar a Lagoa Sacra e as Brañas de Xestoso, que están cerca da zona da charla. Queremos valorar o seu potencial como arquivos ambientais, que é algo que está aínda sen desenvolver. Para que sexa un arquivo adecuado ten que ter por exemplo un espesor mínimo. É importante que poidamos tomar unhas mostras para saber a ideade máxima a partir da cal podemos analizar os cambios. Esa valoración está pendente de facer.

Compartir el artículo

stats