Deza a través da mirada de Alfonso Sucasas
O Ramón Aller inaugura unha antolóxica do artista finado en 2012

María Espinosa, a viuva de Alfonso Sucasas, durante a súa intervención na apertura da mostra. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN / Salomé Soutelo

Dende este venres e ata o 30 de xullo o museo Ramón Aller acolle unha mostra antolóxica do pintor Alfonso Sucasas, nado en Goiás en 1940 e falecido en 2012 en Vila de Cruces. Baixo o nome de Sucasas, a figura e a súa contorna, podense contemplar 40 óleos e máis de 20 debuxos de coleccións particulares. Hai, tamén, algunha que outra obra inédita, como O bico de Andrés, amén de diversas pezas nas que se recolle a fermosura das carballeiras lalinenses.
A mostra pretende ser un percorrido biográfico e artístico de Sucasas, que se formou no seu Lalín natal (aos 15 anos estudou na escola de Artes e Oficios) pero tamén en Madrid e, despois, en Venezuela ou Brasil. Xa de volta a Galicia, no ano 78, reparte o seu tempo entre Santiago, Vigo e Lalín. Sería tamen a partir dos 70 cando a súa arte esperta un grande interese en toda España.
Comisariada por Corredoira
Ao acto inaugural de onte acudiu o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, ademais de numerosos artistas e políticos da comarca. A exposición está comisariada por Pilar Corredoira e conta coa colaboración da súa viúva, María Espinosa, que tamén estivo presente no acto de apertura.
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Tres hermanos buscan a su madre, desaparecida en el aeropuerto de Madrid: 'Tenemos la esperanza de encontrarla con vida
- Viajar a Cíes es misión imposible y Ons solo registra un lleno este verano
- Novos topónimos para os concellos galegos: A Caniza (sen «ñ»), Cangas de Morrazo, O Castro de Caldelas ou Mondariz Balneario (sin guion)
- Nuevas y glotonas «vecinas» en el puerto deportivo de Cangas
- Davila 17/07/2025
- Fiestón caribeño en Castrelos
- La Xunta endurece los requisitos de formación a su plantilla para escalar en la carrera profesional