Trasdeza comeza a pintar o Camiño
Estudantes do Pintor Colmeiro analizan o tramo de Ponte Taboada a Silleda

Un grupo de estudantes do instituto Pintor Colmeiro. en Ponte Taboada. / Salomé Soutelo
Salomé Soutelo
Despois de varias sesións teóricas sobre a riqueza natural e patrimonial da Vía da Prata ao seu paso por Silleda, os catro centros educativos deste municipio realizarán varias saídas a tramos da ruta xacobea para coñecer in situ os enclaves que xa viron nas aulas. A iniciativa leva por nome Trasdeza pinta o Camiño e está promovida polo Concello de Silleda, dentro do programa O Teu Xacobeo, da Xunta de Galicia. Este proxecto autonómico financia tamén outra iniciativa no concello veciño de Vila de Cruces, que terá como protagonista á localidade de Gres.
As sesións fóra da aula foron inauguradas onte por un grupo burbulla do instituto Pintor Colmeiro. O alumnado, guiado polo persoal de Amarelas Sociedade Cooperativa, visitou varios enclaves do tramo da ruta xacobea que discorre entre Ponte Taboada e Silleda. Durante a visita, os e as estudantes contaron con material promocional e unidades didácticas creadas para esta ocasión. Durante os vindeiros días, e se as condicións meteorolóxicas o permiten, posto que esta saída xa fora aprazada polo mal tempo, as sesións ao aire libre continuarán con grupos do CEIP de Silleda, o CEIP Ramón de Valenzuela e o colexio María Inmaculada.
Ademais destas clases teóricas e prácticas sobre o patrimonio xacobeo no municipio, o estudantado tamén porá en marcha un traballo de aula en torno á comunidade de artistas pictóricos de Trasdeza. Como complemento, está prevista unha xornada de pintura ao vivo e un foro de pintura para os vindeiros meses.
O Teu Xacobeo asigna a este proxecto de Trasdeza unha subvención de 9.257 euros, segundo recolle o DOG, mentres que no caso de Vila de Cruces a aportación económica ascende a 3.847 euros. A relación de axudas saiu publicada este martes.
- Un arquitecto pagará 295.000 euros a un cliente por no avisarle de que la finca que compró en Toralla no es edificable
- La mujer de O Barco que saltó del balcón para huir de su pareja preguntó esa mañana cómo separarse pero no denunció violencia
- El ganadero que perdió 22 vacas fulminadas por un rayo: «Habrá que seguir; es lo que sé hacer y llevo así toda la vida»
- Se hace pasar por su nuera y escapa en una carretilla al estar trabajando cuando no debía en un aserradero de Nigrán
- El mayor parque acuático de Galicia desvela la fecha de apertura
- «Con radioterapia y extirpación de ganglios, en uno de cada tres pacientes hay linfedema»
- La Ley de Extranjería no es para todos: Nirsa y Darys lo saben bien
- Cesados el presidente y la consejera delegada de Ribera