Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pé do farelo

A igualdade da desigualdade

Día si e día tamén estamos a nos acostumbrar e polo tanto inmunizar sobre a existencia cotiá do machismo e as súas consecuencias materializadas na violencia de xénero, cando non na desigualdade evidente de oportunidades entre sexos.

Mentres dende os organismos mais ou menos oficiais competentes no tema, non paran de lanzar mensaxes e bombardeanos con eles creándose ministeiros con competencias exclusivas, direccións xerais e non sei que mais, todo o seu traballo vaise pola cañería das augas sucias, ou ao cubo do lixo, cando en horario de máxima audiencia vemos desfilando polas pasarelas de moda, fermosas mulleres que se contonean en escorzos impresionantes, vendendonos trapitos e carne, cun marcado acento sexista de explendor na herba, neste caso eu diría que explendor do corpo coma mercadoría de consumo, escuros obxectos do desexo dos soños máis inconfesables e húmidos dos homes, dende que o mundo é mundo mundial.

Todo o traballo, investimentos, campañas de mentalización, discursos rimbombantes, declaracións de intencións, manifestacións, concentracións de repulsa e un longo etc. que día tras día engrosan as listas das boas itencións e promesas no baldeiro dos nosos políticos, queda en augas de borrallas cando no horario de máxima audiencia, o día máis sinalado do ano, un canle de televisión xeneralista, vende coma reclamo de audiencias e índices de marketing, un no vestido, máis ben un espido insinuante dun corpo de muller, coma se nos estiveran a ofrecer peixe ou carne de ternera de orixe. Tristemente todo quede nun segundo plano ante a oferta, o morbo, a curiosidade que esperta, e o estúpidos ao cubo que somos nos todos, empezando por min mesmo, que coma un pasmón máis quedamos diante da caixa tonta, abraiados ante ela no vestido da presentadora de turno, iso si o seu compañeiro ben abrigadito de esmoquin, coma ten que ser, faltaría mais.

Ao día seguinte, as crónicas dan conta da primeira vítima da violencia de xénero do ano, una nova muller asasinada pola súa parella ou exparella, nun novo acto de violencia de xénero, pero total que máis ten un número máis nunha estatística infinita á que estamos afeitos xa case que como algo normal, porque nos todos somos absolutamente anormales. Canta tristura, que inmensa idiotez a nosa e que siga o carrusel da feira xirando porque o negocio é o único deus desta sociedade nosa de pandemia.

Seguimos e seguiremos sen aprender, do que realmente é importante, a educación o respecto, a solidariedade e a igualdade, dentro do fermoso e atractivo que temos coma tal mulleres e homes sen ter que vendernos nin comprarnos.

Compartir el artículo

stats