Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A Algarabía pón Lalín patas arriba

Ofrece unha carreira sobre tacóns en Calvo Garra ou brilé entre heavys e 'Los de San Vi'

A organización coloca carteis da Algarabía na rúa Colón. // Bernabé

Hai dúas datas no ano na que a xente de Lalín teñen barra libre para someter a exame a clase política, empresarial e tamén ao veciño de enfrente, se se tercia. Unha desas datas é o Entroido, grazas ás coplas de Santo Torrisco. A outra é a Algarabía, cita tradicional de finais de agosto que cumple 33 edicións (algúns anos, como en 2012, non a houbo).

A Algarabía arranca hoxe e ocupará toda a fin de semana. Pero desde hai varios días o seu ambiente xa se respira nas Galerías Colón e en varios comercios e locais de hostelería, coa Galería de Arte. Máis de 20 creadores expoñen nestes espazos as súas creacións en maquetas, fotografía e pintura. Pero se 'Algarabía' significa ruido de voces alegres e festivas, entón non pode faltar a música para que estas voces poidan corear. Por iso, o programa queda inaugurado hoxe ás 21.30horas cos concertos de Mentah, Krise, Meu e Grima. Será diante da estatua de Loriga.

Mañá tamén haberá concertos, pero será ao final da xornada. A xornada central da Algarabía comeza ás 12.30 horas cun pregón sorpresa, tanto polo seu contido como polo seu protagonista. Iso si, a organización xa adianta que estará presente a mesmísima Inés Arrimadas "que pasará a recriminarnos que la Algarabía es de todos". O enclave da Praza de Loriga, da Torre e das Pipas concentran boa parte das actividades desta Algarabía, coma en anteirores edicións. Por iso, bótase en falta a colocación dun sinal na Praza da Torre. E xa que o programa está moi centrado na sinalización de rúas, tampouco podía faltar a inauguración oficiosa da que foi a máis polémica dos últimos meses, a rúa Calvo Garra. As caídas que propiciou polo seu firme no que se combinan franxas de pedra rústica convírtena no escenario ideal para que ás 13.15 horas haxa unha carreira sobre tacóns por ela. Iso si, recoméndase aos participantes que acudan con casco, protector dental e proteccións tamén para xeonllos e cóbados. E, a poder ser, que leven "o seu propio seguro de vida".

Tamén hai certa retranca no brilé que enfrentará aos heavys de Carragoso e ao grupo de "Los de San Vi", un dos lugares favoritos para veranear entre varios nativos de Lalín. Uns e outros deben ir vestidos de etiqueta, segundo o seu criterio.

Nós poralle a banda sonora á sesión vermú e, xa no parque, comeza o picnic, ao que hai que acudir "coa túa auténtica pandilla, ou asignámosche unha".Outro guiño á clase política local. Para quen estea canso, pode participar no obradoiro de sestas nos colchóns de Sieiro. Ao longo da tarde haberá tamén actividades baseadas en xogos tradicionais, un taller de cometas ou colchóns musicais. E como dicíamos antes, ás 22.00 horas comezan os concertos de Tiro na Testa, Falperrys, Malavita e Blowfuse. Haberá barra, postos de bocadillos e un stand con material de merchandising da Algarabía.

Xa na xornada dominical, ás 12.00 horas terá lugar a clásica Lalín-Empalme-Lalín para vehículos non contaminantes. Agárdase que un dos membros máis veteranos de O Naranxo e por tanto da Algarabía, Alberto Granja, alias KG, ·"se meta nun embolado no Facebook". Mentres se agardan as respostas pola rede social, Telegrah Vadis amenizará a sesión vermú e Charles, que xa preparara a barcacoa no sábado e se encagou do taller de cometas, sera quén prepare pinchos. Pola tarde, ademais de decorar o parque e volver estar abertos os postos das Asociacions <3, está previsto o Campionato Mundial de Pelota no Aire, ademais de guerra de auga,tartazos e de novo o obradoiro de cometas. Ith será quen protagnice o cocnerto de peche desta Algarabia, que dará comezo sobre as 20.00 horas.

Compartir el artículo

stats