Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A mostra brota dun retrato do ano 1993

-Canto tempo lle levou xestar esta nova colección dunha trintena de obras pictóricas?

-Foi saíndo pouco a pouco, fixen moito boceto desta exposición, empeceino no mes de maio do ano pasado. No verán dediqueillo, unha vez cos bocetos, a preparar as técnicas.Pero encabezando a mostra irá un retrato, non unha pintura abstracta. Foi un retrato que pintei no ano 1993 de Ramón Aller e familia, así o titulei.Creo que o resultado saíu ben pero dérame moito traballo porque tiña unha foto en branco e negra pequeniña que debe datar do ano 1920. O rasgo positivo que ten isto é que os persoeiros están todos máis ou menos igual como se vía na fotografía menos o personaxe de Aller que o pintei xa de maior, tal como o recordaba eu. Neste retrato aparece, entre todos os sobriños de Aller, a miña nai que tería uns 12 anos e el tería arredor dos 21 anos e acababa de rematar a carreira de sacerdote. A foto foi feita aquí no Pazo de Figueiroa que foi onde el naceu.

-Estivo en Costa de Marfil durante unha tempada. De que maneira lle marcou a súa pintura?

-No colorido, sobre todo. Teño unha obra, Mozas de Andrómena, que representa a un grupo de mozas xogando coa neve. Esta é unha das poucas ás que lle puxen título.Eu marchei a navegar polo espazo porque a Terra está moi complicada, mentras que o espazo está cheo de paz. Na Terra non se poden ver cousas limpas, sen contaminación, sen guerras. Imaxínate, as mozas que pintei están todas contentas sen que ninguén teña que ir a maltratalas, ou cousas polo estilo, así de duras.

Compartir el artículo

stats