Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Benxa Otero: "Escoitei durante un ano en bucle a cinta do Sgt. Pepper's que me deixou meu pai"

"O xoguete que máis utilicei foi unha flauta de plástico que me durou ata Maxisterio"

Benxa Otero pousa coa súa baralla de naipes e o seu oboe no Conservatorio de Lalín. // Bernabé

É un dos artistas máis polifacéticos da comarca e de toda Galicia. Moi falador e próximo, Benxa Otero é deses creadores que todo o mundo querería ter no seu grupo. Compaxina o seu labor como xefe de estudos do Conservatorio de Lalín coa composición musical e o seu derradeiro amor: a maxia. Benxa Otero é moito máis ca un músico afeccionado ao ilusionismo.

-Cal é de todas as súas facetas artísticas a que máis lle gosta?

-Claramente a música. Desde que nacín teño unha paixón pola música. A maxia disfrútala moito, agora tamén estou metido coa fotografía, pero ao final está a música como o que lle dá un pouco o sentido a todo, a que xunta todo, e é a que me alimenta.

-Cándo soubo con certeza que quería ser músico?

-Dende moi novo. Eu recordo con catro anos, na Primeria Comunión dun primo meu de Quintela, na Bandeira, os meus pais foran a unha librería a mercarlle unha raqueta de tenis e a min compráronme unha flauta de plástico, que son terribles, pero recordo que foi o xoguete que máis utilicei durante toda a miña infancia. Estiven tocando día e noita, era un pouco terrible para os meus pais, pero tampouco se queixaron demasiado. Aquela flauta duroume ata cando fixen Maxisterio, que nunha clase caiu e rompeu. Durante eses 17 anos que existiu esa flauta foi unha das cousas coas que máis xoguei.

-Había tradición musical familiar na súa casa?

-O meu pai é un home moi melómano e sempre lle gostou moito a música. Nunca fomos unha familia precisamente pudiente. Tiña unha radiocassette con mogollón de cintas e auténtica paixón pola radio, e cada vez que saía algo que lle gostaba dáballe a grabar. Era impresionante porque alí había unhas misturas xeniais. Agora que foi o 50 aniversario do Sgt. Pepper's dos Beatles, lembro que a única cinta que mantivo sen tocar durante anos foi a que tiña ese disco. Cando me regalaron un walkman na miña Primeira Comunión non tiña cintas para escoitar, e o meu pai medio me prestou ese Sgt. Peppe's, e durante un ano foi a cinta que escoitei en bucle no meu walkman. Lembro que me marabillaba aquela música. Son cousas que te van levando e convertindo en músico. Tamén tiven a sorte de ter coñecido a Luis Areán, que foi unha persoa fundamental e da que moito aprendín. O que pasa é que a propia vida te vai levando.

-Nunca dubidou da súa vocación como músico?

-Eu sempre lle digo aos meus alumnos do conservatorio que cando fixen segundo curso de BUP non tiña nin idea do que iba ser, pero tiña clarísimo que músico non. E de súpeto dixen que tiña que ser músico porque non había outra. O que pasa é que, como che decía antes, fun un home afortunado porque axiña empecei a dar clases puntuais na escola da banda. Foi complicado porque lembro moitos veráns de estar encerrado tocando tódolos días. Desto que che din os colegas de marchar de vacacións unha semana, e eu non poder ou poder como moito unha fin de semana. O que pasa é que tampouco o ves como algo complicado porque estás a facer o que realmente che gosta, pero é e segue a ser algo moi sacrificado. Eu é raro aínda hoxe que teña unha fin de semana libre porque non podo, e tamén porque me gosta moito, motísimo o que fago, por supusto.

Compartir el artículo

stats