Fútbol Praia

Aberta a inscripción do torneo Stop Odio de Brais Méndez

Presentación de Stop Odio.

Presentación de Stop Odio. / D.P.

O Concello de Nigrán e a ONG Igaxes abren ata o 10 de xuño o prazo de inscrición no torneo de fútbol-praia ‘Stop Odio’ de Brais Méndez o 15 e 16 de xuño en Praia América-Lourido. Este está dirixido a categorías infantil (nados en 2010 e 2011) e cadete (nados en 2008 e 2009) e a inscrición debe realizarse a través dun formulario web a través de www.igaxes.org .

“Agardamos que se apunten moitos equipos de toda Galicia neste torneo contra o odio que estamos especialmente orgullosos de co-organizar con Brais Méndez e Igaxes”, apunta o alcalde, Juan González.

Brais Méndez, xogador da Real Sociedad, lidera esta iniciativa nun esforzo por combater o odio na sociedade e promover valores de respecto e igualdade. IGAXES, cuxa misión é asegurar que ningunha nena, neno ou persoa moza teña que renunciar ao seu futuro por razón de pobrezo ou exclusión social, acompaña xunto ao Concello de Nigrán ao futbolista nesta campaña Stop Odio.

No marco desta alianza, organizan unha serie de accións: conversas entre Brais Méndez e persoeiros destacados da cultura e o deporte, obradoiros de sensibilización contra o odio en escolas e clubes deportivos, así como este torneo de fútbol praia.