O baloncesto galego di NON á violencia contra as mulleres

Presentación de la campaña.

Presentación de la campaña.

A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración con AQUALIA, activa a campaña “O Baloncesto Galego di Non“.

No marco da celebración este sábado, 25 de novembro; do Día Internacional da Eliminación da Violencia contras as Mulleres, ambas as entidades unen forzas para deixar claro o rexeitamento por parte do Baloncesto Galego á violencia de xénero.

A iniciativa repartirá un total de 20.000 pulseiras moradas co lema “O Baloncesto Galego di NON” entre todos os federados do Baloncesto autonómico, os cales as lucirán nos partidos oficiais a celebrar en toda Galicia este sábado e domingo, 25 e 26 de novembro.

Os equipos galegos de categoría ACB, así como todos os clubs das diferentes categorías nacionais (FEB) e autonómicas (FGB) implicaranse de cheo neste acto simbólico, transmitindo así os valores do deporte e a súa tolerancia cero ante a violencia. A campaña conta tamén coa colaboración da Liga Endesa, que fará posible que todos os árbitros que dirixan os encontros de categoría ACB nesta fin de semana porten a pulseira.

Apoio en redes sociais da man de destacadas deportistas, así como de personalidades da cultura completarán a proxección da campaña.