Fútbol - Tercera División
O play off do Choco contra o Somozas, no aire por un positivo de COVID
![Os xogadores do Choco aplauden ós seus siareiros.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/acaa4e30-598e-406e-a1aa-87eba05718f1_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
Os xogadores do Choco aplauden ós seus siareiros.
Onte se coñecía o rival ao que se terá que enfrontar o CD Choco na loita polo ascenso á 2ª RFEF. A sorte quixo que o plantel choqueiro teña que viaxar a Coruña para enfrontarse ao UD Somozas, nun partido que se nada o impedía xogaríase este próximo domingo, día 30. Mais agora todo está no aire, e que como ao longo da tempada o Covid, chegou para estragar e alterar a vida e nesta ocasión no ía ser menos. E como é tamén tan inoportuno o fai nunha semana fundamental para os intereses choqueiros. Xusto acontece na semana do play-Off e, paradoxas da vida, contra o rival que pasou fai nada pola mesma situación.
Todo comezaría o pasado venres cando un dos xogadores choqueiros tralo cribado realizado polo Sergas a todo o plantel polo positivo dun xogador do Silva, equipo ao que se enfrentaran 10 días antes. Cribado no que resultou o positivo choqueiro e como consecuencia o confinamento do mesmo durante 10 días. O futbolista atópase ben de saúde, “con 0 síntomas”, asegura o protagonista. De todas las maneiras estímase que esta fase sufrirá de novo un aprazamento debido a cuarentena choqueira que durará até o martes día 1 o que supón unha nova suma de días sen competir para o CD Choco e agora sen poder adestrar.
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Uno de los dos tripulantes gallegos desaparecidos sobrevivió al secuestro del atunero Alakrana del 2009
- El abandono no entiende de razas ni de dinero: mascotas que valen miles de euros llegan a A Madroa
- Condenan a dos años y medio de prisión al maquinista del Alvia y al exdirector de Seguridad de ADIF por el accidente de Angrois
- La familia del vigués que murió tras el concierto de Karol G anuncia denuncia: 'No hubo forcejeo ni pelea
- Mujer de más de 45 y sola busca ayuda