campo do fragoso
Derbi, o noso

Roncaglia compite con Albentosa en un balón aéreo. // Marta G. Brea
Manuel Bragado
No setenta e cinco aniversario daquel primeiro Celta-Deportivo en Primeira División, disputado en Balaídos o 19 de outubro de 1941, volveuse repetir a vitoria celeste "nun encontro emocionante de principio a fin (...), nunha xornada onde Galicia enteira orgullouse de ver ao Celta e Deportivo cumprindo con corazón e alma de atletas en auténtica irmandade", como recollía a crónica de "Faro de Vigo" daquel tempo. Un "o noso derbi", ou "clásico galego" para os máis puristas, que na matinal do pasado domingo recuperou por ventura o espírito de fraternal e respectuosa rivalidade, tanto na lameira como nas bancadas, entre os dous grandes do fútbol galego. Un derbi vibrante, con alternativas en ambas as dúas portarías, moito máis igualado sobre o terreo de xogo que ese avultado resultado de 4-1- que reza na táboa de marcas.
Unha vitoria celeste alicerzada sobre unha actuación memorable de Orellana e Iago Aspas, ambos os dous moi implicados emocionalmente no derbi. O poeta chileno fixo un partido completísimo: moveuse dende a banda dereita e procurou as formas posibles de furar as dúas liñas de catro que dispuxo Gaizka Garitano, mais tamén soubo darlle acougo ao Celta cando semellaba precipitarse na loita mediocampista, sen esquecer que fabricou dúas asistencias de auténtica fantasía para o primeiro e o segundo gol e marcou o terceiro dunha excelente cabezada entre defensas. Outro tanto sucedeu co astro de Moaña que, por fin, conseguiu marcar ao Deportivo en partido de competición oficial, con dous goles magníficos na execución, tanto o primeiro de penalti como o de contraataque directo, mais aos que lles sobraron os xestos de fachenda celtista cando os celebrou diante dos seareiros que chegaron da Coruña.

Derbi, o noso
Unha vitoria á que tampouco foi allea a afouteza de Berizzo ao establecer as rotacións nunha difícil semana de competición europea, na que o Celta foi capaz de manter a súa intensidade e patrón de xogo tanto diante dun poderoso Ajax como dun rochoso e incómodo Deportivo. En cada un dos partidos procurou alternativas distintas para crear superioridades, a razón da obsesión combinatoria do noso adestrador. Fronte ao Coruña buscounas polas bandas, sobre todo pola dereita, onde buliron Mallo e Orellana. Aí naceu no primeiro cuarto de hora un gran centro de Hugo moi ben cabezado por Wass, un gol que vimos feito, mais que o porteiro coruñés desintegrou in extremis. Minutos despois, Orellana encarou na mesma posición ao seu defensor filtrando de forma xenial unha pelota que o lateral de Marín levou as mallas do pao longo.
O primeiro gol celeste espertou ao Deportivo que conseguiu o empate en apenas cinco minutos. Un saque de falta botado con precisión por Fajr foi cabezado a rede por Albentosa que saltou sobre a defensa céltica con asombrosa superioridade. Conmocionado pola igualdade, o Celta sufriu durante os dez minutos que faltaban para a pausa, nos que o Deportivo puido adiantarse. Xaora, coa reanudación volveron mudar as tornas. Un gran centro de Orellana cabezado por Wass cara abaixo foi cortado coa man por Sidnei. Un claro penalti que lanzou con confianza Aspas e que mudou a deriva do partido. O Deportivo, entón, quixo e xa non puido diante dun Celta que da man de Marcelo Díaz recuperou o acougo que ir por diante requíría. Así chegaron os goles de Orellana no minuto 77, froito dunha gran xogada de Jonny (nun partido para o de Matamá pouco afortunado), e a xenialiade de Aspas no 82, aproveitando un saque directo de Sergio, un gol fabricado con apenas dous toques, extraordinario!
En partidos con contexto emotivo tan denso como son sempre os do noso derbi, goleada tan súbita e contundente supuxo un estourido de ledicia da bancada de Balaídos, durante a primeira hora de partido moi contida, até prender as luces do orfeón da Rianxeira. O derbi do setenta e cinco aniversario foi o noso.
stylename="070_TXT_dep_dcl_03">bretemas@gmail.com
- Un perro muerde a una vecina de Navia cuando protegía a su perra del ataque: Eira huyó pero apareció tras tres días perdida
- La Guardia Civil investiga vertidos durante unos trabajos de reparación de un barco de pasaje en Bueu
- La Guardia Civil logra frenar una estafa de 46.300 euros con criptomonedas a un pontevedrés
- Comprar en el centro de Vigo es tres veces más caro que en la periferia: así están los precios del metro cuadrado por barrios
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Sin consenso en Vigo por Peinador: Abel Caballero insiste en que «solo hay un modelo» y Luisa Sánchez lo acusa de «despreciar» fondos de Diputación y Xunta
- El mosquito tigre se extiende en el área de Vigo: cómo evitar y paliar su persistente picadura
- Un niño alerta al 112 de un incendio en su casa en Vigo mientras su madre intenta apagarlo